INSTRUCCIÓNS BOLSAS ALUMNADO NEAE (NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO) 2023-2024

Normativa de referencia: Resolución de 20/04/2023, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2023-24

- As familias cubrirán exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

- As familias presentarán a solicitude no centro dende o 8 de maio ata o 20 de setembro inclusive.

- Este curso hai unha novidade importante: todas as familias, independente do nivel de renda, poderán solicitar o subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, que ten unha cantidade fixa de 400 €, que poderá ser percibido por todos os solicitantes e que será compatible co resto de axudas e subsidios regulados na convocatoria.

- Os solicitantes deben cumprir algún dos seguintes requisitos:

  1. Discapacidade: acreditada cun certificado igual ou superior ao 33%.
  2. TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) asociado a trastorno grave de conduta ou a discapacidade.
  3. TEA (Trastorno do Espectro Autista) que requira apoios ou atencións educativas específicas: é necesario aportar certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.
  4. Alumnado con trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a necesidades educativas especiais.
  5. Alumnado con Trastorno grave de conduta asociado a necesidades educativas especiais.
  6. Altas capacidades: acreditado mediante avaliación psicopedagóxica do Departamento de Orientación do centro  ou do Equipo de Orientación Específica.

- Segundo as instrución do servizo de Inspección educativa NON teñen dereito a bolsa: dislexia, discalculia e dificultades na expresión escrita.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE de Alba Prado

 

DOCUMENTACIÓN NOS ARQUIVOS ADXUNTOS

ADMISIÓN ALUMNADO 2023/2024

Segundo o disposto no calendario de admisión de novo alumnado para o curso 2023/2024, xa está á vosa disposición a listaxe definitiva do novo alumnado admitido no taboleiro interior do centro, cumprindo a normativa de protección de datos.

Todo o alumnado que presentou solicitude adxudicóuselle praza na listaxe definitiva.

As persoas que fixeran a solicitude vía electrónica, poden ver a resolución a través da mesma.

O período establecido por normativa para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

O xenio da cidade do sal

O alumnado de 5º EP tivo unha visita moi especial, a escritora Fina Casalderrey. Con ela puideron compartir a lectura do seu libro "O xenio da cidade do sal". Entusiasmados coa visita, xa teñen ganas de máis!!!!

 

Andy Warhol

Andy Warhol ensinounos moito sobre o tratamento da cor e o Pop art. Cos nosos rostros fixemos unha composición ao seu xeito que parece obra duns grandes artistas!!!

 

 

Girasoles de Van Gogh

"El sueño de Van Gogh" é un libro artístico que está na nosa biblioteca e co que fixemos uns cadros fermosísimos imitando os xirasois deste famoso pintor.

OS MAIOS

Que ben o pasamos o día dos Maios!!!

Este ano para cambiar un pouco, en vez de facer o tradicional Maio decidimos facer entre todos unha alfombra floral. Grazas á colaboración das familias traendo unha chea de flores e area, todos os nenos do cole colaboraron e fixeron xuntos a preciosa alfombra que podedes ver no vídeo.

Ademais Raquel, a mestra de música, creou para todos nós unhas coplas especiais, modificando a letra orixinal para que foran cantadas polos nenos de Matamá. Esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

Visita á imprenta

O alumnado de 6º EI e Trasnos e Trasniños do club de lectura, visitamos a imprenta do Colegio Hogar. Fixemos unha chea de obradoiros, empregamos letras das antigas imprentas, fixemos marcapáxinas, impresión manual, dixital, coñecemos unha chea de encuadernacións, materiais nos que se pode imprimir...

Foi unha visita moi enriquecedora e queremos agradecer tanto aos mestres e mestras coma ao alumnado do Colegio Hogar por recibirnos con tanta profesionalidade, paciencia e agarimo. Incluso agradecer ao persoal da cafetería por ternos unha merenda tan tan rica e especial!!! Que dicir do futbolín e o ping pong!!!

 

Reunión do club de lectura

Trasnos e trasniños gozaron dunha nova reunión chea de frases, comentarios, e merendas moi enriquecedoras!! Xa teñen nas mans o próximo libro!!!! Agardamos que o lean con tanto agarimo coma sempre!!!

 

OVOS DE PASCUA

Os alumnos de quinto e sexto de Primaria de Relixión decoraron ovos de Pascua para os demais compañeiros. Grazas pola vosa xenerosidade!

 

Distribuir contido