OVOS DE PASCUA

Os alumnos de quinto e sexto de Primaria de Relixión decoraron ovos de Pascua para os demais compañeiros. Grazas pola vosa xenerosidade!

 

Plantación

Grazas á familia de Marc, puidemos enriquecer a nos horta con máis plantiñas. Xa temos cenorias, leitugas, amorodos, pementos, chícharos...

 

Día do Libro

O 23 de abril celebrouse o Día Mundial do Libro, polo que dende o equipo de biblioteca, queremos compartir con todos e todas os contos tan fermosos que contaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º EP ao resto do cole. Ademais fixemos un concurso de cómic que vos vai sorprender!!!!

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL SOBRE A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

8 de marzo. Día da muller

Para conmemorar o día da muller os alumnos e alumnas de terceiro de primaria, aproveitaron a temática dos deportes que estamos a traballar este curso, para facer un vídeo do máis especial. Ademais contamos coa axuda da mestra Noemí para facelo aínda máis especial se cabe, non volo perdades!

 

Día de Rosalía 2023

O pasado 23 de febreiro celebrouse o día de Rosalía e no cole, coma todos os anos, estivemos traballando a figura desta gran escritora. Os nenos e nenas déixanvos este vídeo recitando poemas de Rosalía, esperamos que vos gusten.

 

Club de lectura

Trasnos e trasniños reuníronse para falar das súas lecturas. Nesta ocasión os trasnos de 4º e 6º EP falaron do libro "Alma de elefante" e recibiron uns sobre especiais... "O carteiro de Bagdad".

Os trasnos de 5º EP, compartiron merenda e opinións sobre o libro "O carteiro de Bagdad" e recibiron un libro moi especial que estaba na nosa "lagoa" particular "A lagoa das nenas mudas".

 

ENTROIDO 2023

Non podemos estar máis contentos coa nosa festa do Entroido!! É que cando toda a comunidade educativa traballa xunta o resultado é magnífico!!!

Despois de seguir os mandados do meco durante toda a semana, o venres estabamos preparados para desfilar e actuar diante das nosas familias vestidos de auténticos deportistas.

Pero... quen eras eses que viñan disfrazados de nadadores??? A nosa ANPA sorprendeunos cunha actuación de natación sincronizada!! Que divertido!!! Moitas grazas!!!

Despois puidemos saborear uns riquísimos doces de entroido que trouxeron todas as familias e non quedou aí a cousa... xa que os nosos amigos de Sete Cuncas viñeron amenizar a xornada!!! Que sorte temos!!!

Moitas grazas a todos :)

 

PRAZAS VACANTES

Tal e como se anunciou no calendario de admisión o día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2023-2024, permanecendo aberto ata o día 20 de marzo.

A documentación a presentar será a seguinte:

- Anexo II: folla de solicitude de admisión (ED550B).

- Fotocopia do libro de familia.

- De ser o caso sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede electrónica a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

O horario de secretaría é luns e martes de 8:50 a 9:40 e mércores, xoves e venres de 13:00 a 13:45.

CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA

Este sábado na biblioteca Juan Compañel podedes gozar duns contos fermosos co autor do libro "O país da choiva". Os nenos e nenas do club de lectura coñéceno moi ben. Non dubidedes en apuntarvos e coñecer estes contiños!!!!!

Distribuir contido