FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 22-23

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 18 de maio de 2022. (código procedemento ED330B)

  • O prazo para presentar as solicitudes é dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 ambos inclusive.

 

- Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): so para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 - O alumnado que vai a cursar 5º e 6º de primaria participan no proxecto E-DIXGAL, polo que non precisan libros de texto.

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023.

Publicadas as listas definitivas de admisión de alumnado para o curso 2022/2023. Están dispoñibles para ser consultadas no interior do centro.

Foi admitido todo o alumnado que presentou neste centro unha solicitude no proceso de admisión para o curso 22-23.

No mes de xuño publicarase na páxina web do centro a documentación necesaria para formalizar a matrícula. O período de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2022-23

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-23.

 

Foi admitido todo o alumnado que presentou neste centro unha solicitude no proceso de admisión para o curso 22-23. 

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas serán elaboradas pola aplicación admisiónalumnado e a súa exposición para consulta polas familias só se poderá realizar das seguintes formas:

-    Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

 

- Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación.

 

Día da árbore

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO.

Xúntase comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia no ámbito educativo. Publicado o 01/04/2022.

 

GAÑADORAS CONCURSO GALICIENCIA 2022.

De novo estamos de en hora boa. Matilde Tacón Román e Rita Doce Ramos de 6º D, resultaron gañadoras do Concurso de deseño da camiseta oficial da Galiciencia 2022 co seu debuxo "Soña en Verde".

Parabéns ás gañadoras e ao resto de alumnado que tamén participou.

 



CONVOCATORIA AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 22-23. A PARTIR DE MAIO.

A convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

MOBILÍZATE POLA SELVA NO PROGRAMA "FUN POLO AIRE" DA TVG

Seguindo coa campaña de apadriñamento de chimpancés, o programa Fun polo Aire da TVG emitiu o pasado mércores 23 de marzo unha reportaxe sobre esta iniciativa do alumnado de 6º de primaria e no que está involucrándose toda a comunidade educativa. Podédelo ver a partir do minuto 48 e 52 segundos.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-730-5575754?t=2932?t=2930

Lembrade que aínda segue aberto o prazo de recollida de móbiles e tabletas e o concurso de poesía "Chimpapoemas".

 

Distribuir contido