INSTRUCIÓNS CONXUNTAS AO RESPECTO DAS RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A XESTIÓN DA COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO CURSO 2022-2023.

Achéganse as Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

 

INFORMACIÓN INICIO CURSO 22-23

Estimadas familias:

 Comezamos un novo curso escolar.

 A data de incorporación do alumnado de infantil e primaria ás aulas será o xoves 8 de setembro. O horario de entrada será ás 08:50 ate ás 9:00 e o de saída ás 14:00 horas. A entrada e saída farase como se fixo o curso pasado a partir de marzo. O alumnado transportado entrará polo portalón de arriba e o alumnado acompañado polas familias entrará so polo portalón situado na parte de abaixo. Desde as 8:50 e ata as 9:00 horas estará unha persoa de garda para que o alumnado poida acceder ao centro por esta porta. A partir dese momento a entrada será polo portalón principal e haberá que chamar no timbre do portalón de arriba. Para a recollida na saída, as familias agardarán no espazo valado, como o curso pasado, a partir das 13:50-55. Sairán primeiro os dos curso máis baixos.

Recordamos ás familias a importancia da puntualidade dos nenos e nenas, para non interferir na boa marcha das clases.

 Nos vindeiros días os titores/as fixarán a data da reunión de principio de curso para as familias.

 ABALARMÓBIL:

       A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece ABALARMÓBIL.        Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar e recibir información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Xa está actualizada para o curso 22-23. Aquelas familias que aínda non dispoñan desta aplicación poden obter información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

BECAS ANEAE:

 - Enlace ao extracto da resolución do 13 de maio do 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022-2023.

Enlace á páxina do Ministerio: 

- Acceso ao servizo en liña

 Prazo de presentación de solicitudes QUE SE REALIZARÁ NO COLEXIO: Dende o 19 de maio de 2022 ata o 30 de setembro de 2022

 CALENDARIO ESCOLAR 22-23

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

Publicación listaxes definitivas fondo solidario libros texto e material escolar curso 22/23

Publicadas no taboleiro interior do centro, con data de onte, as listaxes definitivas do fondo solidario libros texto e material escolar curso 22/23

Poderanse recoller os vales entre o 12 e o 22 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Os libros de texto do Fondo Libros de 3º e 4º de primaria entregaranse ao alumnado correspondente unha vez comezado o curso (a partir do 8 de setembro).

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23.

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

Segundo a orde de convocatoria, no seu Artigo 13. Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Segundo o Artigo 21. Publicación de listaxes provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

2º C) As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional. 

O alumnado de 5º e 6º de primaria so participa nas axudas para adquisición de material ao entrar no programa E-DIXGAL.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/23.

No seguinte enlace poden consultar os libros de texto para o curso 2022/23.

Houbo unha modificación no libro de Lingua Galega de 2º de primaria.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN.

Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño

  • ANEXO III-1 (arquivo adxunto).
  • Xunto co ANEXO III-1 débese achegar a seguinte documentación:

 

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Tres fotografías, actualizadas, tamaño carné para alumnado de infantil.

Impreso de lingua materna infantil. (Arquivo adxunto)

Impreso de solicitude de transporte no caso de ser necesario. (Arquivo adxunto)

 

 

VISITA JAMES RHODES.

O pasado venres 10 de xuño tivemos unha visita moi especial. O recoñecido pianista e escritor James Rhodes achegouse ao colexio para inaugurar a Aula de Música que leva o seu nome, e compartir charla e chocolate con churros co alumnado de 6ºD. A pesar do pouco tempo de antelación que tivemos para preparar a visita pensamos que James tivo un caloroso e entrañable encontro e nós quedamos moi agradecidos pola súa cercanía e trato con todos/as. Grazas a Almudena e Carmen por facer posible o encontro e aos profes de Música máis Araceli (amosoulle a zanfona) por colaborar na organización da xuntanza.

Agardamos que se poida repetir o encontro.

 

 

PROXECTO "CÓNTAME UN CONTO"

     Durante este curso o alumnado de 4º A e C de primaria participou nun proxecto piloto que leva por título "Cóntame un conto". É un proxecto educativo impulsado polo Museo do Pobo Galego e pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos tradicionais galegos entre os escolares. O proxecto buscaba aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

   Tanto o profesorado coma o alumnado traballaron arreo e non podemos estar máis fachendosos deles porque o resultado final foi espectacular. Esta semana no Teatro Principal celebrouse a gala do 1º Certame do proxecto xunto co resto dos centros participantes na que algúns dos nosos alumnos/as subiron ao escenario a facer a súa contada.

No seguinte enlace podedes ver os vídeos do noso alumnado:

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=kNIFYuZz0RSovhecj3r1

Na páxina do Museo do Pobo Galego tamén podedes ver o desenvolvemento do proxecto.

http://museodopobo.gal/contame-un-conto

 

PLAN DIRECTOR E PRIMEIROS AUXILIOS

Estes días o alumnado de 5º e 6º de primaria estivo recibindo unhas charlas-obradoiros por parte da Policia Nacional e Protección Civil de Compostela.

As charlas da Policia Nacional enmárcanse dentro do programa Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Especialmente estiveron centradas con todo o relacionado coa rede e as novas tecnoloxías.

Por outra banda, persoal de Protección Civil Compostela, impartiu unha formación sobre Primeiros Auxilios e medidas de seguridade. Esta acción foi organizada polo departamento de Ed. Física e a Biblioteca como parte do PDI sobre Hábitos de Vida Saudable.

Grazas pola vosa colaboración.

 

Distribuir contido