ANDAINA 25N

O pasado 24 de novembro organizouse desde o Equipo de Convivencia unha andaina para dar visibilidade ao Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Tras a andaina, todo o alumnado do centro e profesorado, cantaron a canción "Anagnórise" de A banda da loba.

Premer na imaxe para ver a montaxe de fotos.

Canción "Anagnórise" de A Banda da loba cantada polo alumnado e profesorado do Lamas.

 

 

 

PLAN DIRECTOR. ACOSO ESCOLAR

Dentro do programa Plan Director da Policía Nacional, o alumnado de 5º e 6º de primaria, recibiu o pasado venres e este luns unha charla sobre o acoso escolar e os perigos da rede. 

  

BIBLIOTECA EN MARCHA 23-24

Para ser usuario da Biblioteca polas tardes, a partir de outubro de luns a xoves, as familias do alumnado de primaria terán que solicitar cita previa por correo electrónico para evitar problemas co aforo. O alumnado de Infantil poderá asistir se está acompañado dun adulto.

A través da contaceip.lamas.abade@edu.xunta.gal indicarase:

 - Nome e apelidos do neno/a:

 - Curso:

 -  Día e Hora: * se vai a ser usuario/a de xeito sistemático (todos os martes de 16:30-17:30 por exemplo) con mandar un correo indicando esta circunstancia chegaría. Non fará falta mandar aviso todas as semanas.

 - Ten permiso para saír só do colexio para casa? Persoas autorizadas para recollelo/a?

Tamén lembramos que os pais/nais poden facerse usuarios da biblioteca. Indicarlle ao profesor/a que estea de garda na biblioteca ou a través do correo electrónico.

INICIO DE CURSO 23-24

Estimadas familias:

Benvidas ao curso escolar 23-24.

 A data de incorporación do alumnado de infantil e primaria ás aulas será o luns 11 de setembro con funcionamento normal (agás alumnado 3 anos) de madrugadores, comedor e transporte.

          O horario de entrada será ás 08:50 ate ás 9:00 e o de saída ás 14:00 horas. A entrada e saída farase como se fixo o curso pasado. O alumnado transportado entrará polo portalón de arriba e o alumnado de Primaria que vén acompañado pola familia, entrará so polo portalón situado na parte de abaixo. Desde as 8:50 e ata as 9:00 horas estará unha persoa de garda para que o alumnado poida acceder ao centro por esta porta. A partir dese momento a entrada será polo portalón principal e haberá que chamar no timbre do portalón de arriba.

 Para a recollida na saída, as familias agardarán no espazo valado, como o curso pasado, a partir das 13:50-55. Sairán primeiro os dos curso máis baixos.

O alumnado de Ed. Infantil xunto coas familias agardará desde ás 8:50 no patio de columnas de abaixo ate que toque o timbre de entrada para logo acceder polas escaleiras ate a entrada principal do edificio de Infantil, onde deixarán aos nenos/as co profesorado que alí estea de garda.

Para no interferir co alumnado de primaria, aconsellamos que a entrada para o patio de columnas a fagan pola porta pequena do pavillón.

A recollida farase na entrada principal do edificio de Infantil.

 Recordamos ás familias a importancia da puntualidade dos nenos e nenas, para non interferir na boa marcha das clases.

 

ABALARMÓBIL:

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece ABALARMÓBIL. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar e recibir información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Xa está actualizada para o curso 23-24. Aquelas familias que aínda non dispoñan desta aplicación poden obter información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

  

BECAS ANEAE:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplamasabade/node/611

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

 

 

 

AVARÍA TELÉFONO

Informamos que dende onte non nos funciona o teléfono. Pasamos a incidencia pero de momento non nos deron solución. Para calquera consulta escribir ao correo do colexio: ceip.lamas.abade@edu.xunta.gal

Desculpade as molestias.

 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24.

Publicadas no centro e a través da Sede electrónica, as listaxes definitivas do fondo solidario libros texto e material escolar curso 23/24.

Poderanse recoller os vales no colexio entre o 13 e o 20 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.

No caso de non poder vir algún dos proxenitores, poden delegar noutra persoa adulta, previo escrito, coa pertinente autorización e presentando DNI.

Os libros de texto do Fondo Libros de 3º e 4º de primaria entregaranse ao alumnado correspondente unha vez comezado o curso (a partir do 11 de setembro).

O alumnado de 5º e 6º de primaria seguen en E-DIXGAL.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24.

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Segundo a orde de convocatoria, no seu Artigo 13. Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Artigo 24. Publicación de listaxes provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

c) As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes á publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación fondolibros.

d) Finalmente, publicará a listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que lle correspondan; así mesmo, incluirá as solicitudes excluídas.

 

RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO 6º PRIMARIA.

As familias do alumnado que pasa para o IES poden pasar polo colexio a recoller o Historial académico dos seus fillos/as. O horario de recollida é de 10:00 a 13:00 dende o mércores 5 ate o venres 14 de xullo. No caso de non poder vir algún dos proxenitores, poden delegar noutra persoa adulta previo escrito coa pertinente autorización e presentando DNI.

 

 

REUNIÓN FAMILIAS 3 ANOS.

O vindeiro xoves 29 de xuño ás 16:30h terá lugar na biblioteca do colexio unha reunión informativa coas familias do alumnado que se incorporará o vindeiro curso en 3 anos.

HORARIO VERÁN ATENCIÓN PÚBLICO DE 10:00-13:00.

Dende o 22 de xuño ate o 31 de xullo o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00.

 

Distribuir contido