Nestes días o alumnado de 4º de primaria participou na actividade organizada pola Oficina de Igualdade de Xénero: "Unha enxeñeira ou científica en cada cole".
O alumnado de 4º A e 4º C participou no obradoiro Exploramos para que non nos conten trolas? impartido pola profesora Paula Saavedra Nieves do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O alumnado de 4º B participou no obradoiro Lume no monte impartido pola profesora Otilia Reyes Ferreira e a investigadora Sheila Fernández Riveiro do departamento de Ecoloxía da Facultade de Bioloxía.
Foron unhas actividades moi interesantes e oxalá que esperte no noso alumnado a paixón pola ciencia e a matemática como nos amosaron as nosas poñentes. Moitas grazas pola vosa presenza.
Oferta provisional de vacantes para o próximo curso escolar 24-25.
O alumnado de Infantil quérevos ensinar o seu cole. Preme no vídeo para coñecer o CEIP Lamas e Abade.
O vindeiro martes 20 de febreiro ás 17:00 no salón de usos mútilples de Infantil, levarase a cabo unha xuntanza informativa para coñecer o colexio.
A pasada semana o alumnado de 6º, 3º e 4º de primaria coñeceron o nobre deporte do Rugby. Dan man do Santiago Rugby e a Asociación Valentes o alumnado, durante a clase de Ed. Física, practicaron co balón ovalado e houbo un tempo para os placaxes que foi o que máis lles gustou. Grazas a todos os adestradores/as e xogadoras que nos viñeron a ensinar o rugby.
Procedemento ED550A.
RESERVA DE PRAZA en centro docente sostido con fondos públicos. (SOAMENTE É VÁLIDO PARA A RESERVA NO IES LAMAS DE ABADE E ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS AO CEIP. LAMAS DE ABADE)
Prazo
15/01/2024 - 05/02/2024
O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro e 5 de febreiro (ambos incluídos).
Lugar de presentación de solicitudes.
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo I da Orde.
- Anexo I-bis (Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
- Documento acreditativo da representación, de selo caso.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, de selo caso.
Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante
O pasado xoves 21 de decembro, coma despedida do trimestre e do ano 23, o alumnado do colexio asistiu a unhas representacións teatrais. Dentro do PDI que queremos iniciar este curso “A escena!” relacionado co 40 aniversario de Centro Dramático Galego, quixemos ir quentando motores. O alumnado de Infantil e 1º e 2º de primaria pasaron pola sala multiusos de psicomotricidade para ver o espectáculo de monicreques e música tradicional que nos trouxeron “Os Monifates”. Por outra banda, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria acudiu ao salón de actos do CIFP. Compostela, (que amablemente nolo cederon e polo que, desde aquí lles damos as grazas de novo), á representación da obra “Cartoóns” da compañía Excéntrica Teatro.
As dúas compañías fixéronnolo pasar xenial e agardemos que o alumnado quedara con gañas de máis para coller pulo para o PDI e saltar a escena.
O alumnado de 6º A de Infantil presenta o telexornal, moi atentos ás últimas novas.
Premer na imaxe.
Esta mañá o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria gozaron dunha sesión de breakdance. Da man da Escola de danza e centro de adestramento BreakInclan e en colaboración co departamento de Ed. Física, o alumnado aprendeu e practicou un pasos desta disciplina (Breaking) que será olímpica por primeira vez na vindeira olimpíada de París 2024. Tamén deleitáronse coas acrobacias e bailes de Artur, Sergi e Rubén e moitos/as nenos/as tamén se atreveron a amosar as súas habilidades.