O recuncho de Abadiño: blog de biblioteca

OBRADOIRO LECTURAS NADAL 23

Este martes 19 realizouse o Obradoiro de Lecturas de Nadal. A continuación deixamos un vídeo con algunha das imaxes.

 

OBRADOIRO MICÓFILO

Esta mañá o alumnado de 5º de primaria recibiu na biblioteca un obradoiro micófilo por parte do biólogo Borja Gómez en colaboración coa Asociación Medioambiental AMABUL (Ama a biodiversidade ullá).  A través da exposición "Wood Wide Web-A Rede que dá vida ao planeta" os nenos/as coñeceron a importancia ecolóxica e ambiental dos cogomelos.

    

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

Desde hai 15 días o alumnado de Infantil estreou a nova bolsa-bandoleira do proxecto da Asesoría de Bibliotecas "Libros que van e veñen". Agardamos que as lecturas viaxen a casa con maior comodidade e sexan do agrado das familias.

 

GAÑADORES I CONCURSO DE LEMAS "TECENDO COMUNIDADES"

O pasado venres resolveuse o I concurso de Lemas “Tecendo Comunidades” co gallo da celebración do Día das Bibliotecas (24 outubro). 

Os gañadores/as foron: 

– 1ª categoría: rapaces e rapazas de Infantil: quedou deserto

– 2ª categoría: rapaces e rapazas de 1º, 2 e 3º de primaria: Martín Pérez (1ºC).


– 3ª categoría: rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria. Uxía, Martina, Lucía, Jimena e Xoana de 6º.

Tamén houbo agasallo para as clases de 1º A, 1º B, 1º C e 4º B pola súa participación, tanto en conxunto coma en individual.

 

Grazas a todos/as os participantes por aportar os seus lemas, e a seguir vindo pola biblioteca.

 

I CONCURSO LEMAS POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS.

O equipo de biblioteca convoca I concurso de Lemas “Tecendo Comunidades” co gallo da celebración do Día das Bibliotecas (24 outubro). A temática do lema ten que estar relacionado coas bibliotecas escolares. O lema pode estar acompañado dun debuxo e feito coa técnica que se queira, e pode presentarse en dous tamaños: A4 ou A3 (Orientación a que se queira: horizontal ou vertical) sendo a lingua dos lemas en galego.


Poden presentarse traballos individualmente ou de grupo.
As categorías do concurso están divididas por idades:
– 1ª categoría: rapaces e rapazas de Infantil.
– 2ª categoría: rapaces e rapazas de 1º, 2 e 3º de primaria.
– 3ª categoría: rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria.


Os lemas poden deixarse na Biblioteca na Caixa habilitada poñendo o nome e apelidos do autor/a por detrás ou enviarse por correo electrónico a: bibliotecalamas@gmail.com (a obra será remitida como arquivo adxunto e non pode vir asinada pola autora ou polo autor, este dato xunto co curso, deben vir no corpo do correo electrónico e no asunto indicarase I Concurso de Lemas.

O prazo para participar estará aberto ata o 24 de outubro de
2023.

A decisión do xurado coñecerase nun acto público na
biblioteca durante o recreo do venres 27 de outubro de 2023.
Agardamos a participación de todas as persoas interesadas e
moita sorte a todos/as.

Haberá agasallos para cada categoría.

Máis información sobre a celebración do Día das Bibliotecas.

* https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/dia-bibliotecas-2023/presentacion.html

 

INICIO DE CURSO E MOCHILAS VIAXEIRAS

Desde o 2 de outubro abriu a biblioteca tanto nos recreos coma pola tarde. Abadiño está encantado de recibir de novo a toda a comunidade educativa.

Hoxe comezan a circular as Mochilas Viaxeiras, unha en cada curso. A idea das Mochilas é que as familias poidan compartir momentos de lecer a través dos libros.

Agardamos que sexan do voso agrado.

 Atentamente.

Abadiño.

  

OBRADOIROS BIBLIOTECA CREATIVA POR PABLO OTERO.

Os días 15 e 16 de xuño tivemos para todo o alumnado do colexio uns obradoiros impartidos polo artista visual Pablo Otero. Enmarcouse dentro do programa Biblioteca Creativa. Foron os seguintes:

Obradoiro para todo Infantil e 1° A,B,C: "Como se fai un irmán maior?"

Obradoiro 2° A, B, C: Libro de artista e libro obxecto ligado á idea da comida.

Obradoiro 4° A, B, C e 5° A, B, C: “Mentiras máquinas”

Obradoiro 3° A, B, C: "A COUSA, Falsas entrevistas falsas".

Obradoiro 6° A, B, C: "Libro de artista libro obxecto comunitario".

            Foron dúas mañás moi intensas e cheas de creatividade. Grazas a Pablo polo seu bo facer.

 

  

Festa do voluntariado da biblioteca

Toca agradecer ás alumnas e aos alumnos de 6º o traballo realizado este curso escolar durante os recreos na biblioteca. Tomamos un petisco a media mañá e despedimos a este grupo de voluntarias e voluntarios desexándolles moita sorte na nova etapa que comezarán en setembro.

Desfrutade do vídeo clicando na imaxe.

Ata sempre!

Distribuir contido