Iniciar sesión: Acceso

CHEGOU PIN Á NOSA CLASE

Ola familias!!!

Esta semana foi de moitas visitas. Ademais dos profes do CEIP de Cervantes de La Rioja que viñeron a coñecer o noso cole e ver como traballamos, o luns a profe Rocío recibiu unha chamada na que unha persoa nos dicía que tiñamos que mirar nunha páxina porque había un vídeo para nós. E sabedes quen era? Pin!!! Un pingüino moi simpático que nos propuxo tres retos esta semana (e os que quedan) e que sabe moitas cousas e nós.

O primeiro consistía en cambiar a forma do xeo coa axuda dunhas pipetas e auga. E por suposto o conseguimos traballando moito coas nosas mans e razoando todo o proceso.

No segundo reto tiñamos que ordear as imaxes do conto de Daniela Pirata y la Malvada Cíclope que limos a semana pasada. Como sabía Pin que xa coñecíamos ese libro? É todo un misterio!! Guiño

O fixemos moi ben coa axuda da profe Ana. Ademais tamén empregamos os números ordinais para seguir familiarizándonos con eles. Así traballamos a memoria e a secuencia de feitos.

 

E o último reta da semana foi adiviñar palabras segredas identificando a inicial dunhas imaxes. Como se nota que seguimos avanzando e dominando a conciencia fonolóxica.

Se conseguimos os retos recibimos unha peza dun quebracabezas por cada un. Xa temos tres, pero aínda nos quedan. Vos soan as imaxes que saen nas pezas? A nós si. Guiño

Como propostas de lóxica matemática os pques de 3 seguimos afianzando a asociación de grafía cantidade do 1 ao 10 tanto poñendo osiños  como pedriñas de cores.

Os maiores da clase fixeron crucinúmeros en grupo. Son uns campeóns!!!

E os de 4 anos realizaron sumas afianzando o conteo e tamén volveron a formar as casiñas dos números, pero esta vez de forma grupal e con moitos máis números entre os que buscar os adecuados para cada casa.

Seguimos co proxecto do Universo e esta semana estreamos un xogo de atención onde temos que colocar unhas pezas no lugar correcto.

Despois de coñecer constelacións famosas creamos a do noso signo do zodíaco: unimos os puntos, pegamos estrelas en cada punto e puxemos o nome do noso signo, traballando de forma globalizada lectoescritura, coordinación óculo manual e nas nosas manciñas.

E lle puxemos nome a todo o que ten que levar un astronauta para ir ao Espacio.

Non temos esquecido o proxecto de China. Esta semana coñecimos os seus inventos. Sabíades que inventaron a pólvora, a porcelana, a cometa, o ábaco e outros xogos como o peón, o mikado e o dominó? Así que despois de saber todo isto xogamos a estes tres xogos, respectando as normas e disfrutando de momentos cos demais.

Esta semana tamén lle dixemos adeus a febreiro, así que como sempre que rematamos un mes fixemos o rexistro do tempo contando os pompóns de cada bote, poñendo tantos gomets como pompóns hai, poñendo o número e escribindo o nome do mes, traballando lectoescritura e conteo, ademais da motricidade fina.

Entre esta semana e que ven estamos realizando unha actividade de lectoescritura na que temos que escribir o nome dunhas imaxes, sempre todo adaptado a cada idade e nivel. Por iso os peques de 3 anos identifican a inicial da palabra, a buscan entre unhas letras de madeira e logo a escriben.

E xa realizamos a portada dos traballos deste trimestre, que nesta ocasión é moi primaveral. Picamos unha xoaniña, a pegamos nunha cartolina, lle puxemos os olliños, lle debuxamos as patas e as antenas e logo fixemos tres flores con gomets. Canta concentración e precisión!!

Ata a próxima semana!!!