- Aberto o prazo de solicitude do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día o 21 de xuño de 2024. Aconséllase a todas as familias solicitar o fondo solidario por se quedasen exemplares no centro. Achéganse os seguintes enlaces que poden ser do seu interese: información xeral, axuda para cubrir a solicitude, anexos I e II e normativa.
-
Publicadas as listaxes definitivas de admisión para o alumnado que solicitou praza dentro do prazo establecido legalmente para o vindeiro curso 2024-25. Todo o alumnado que solicitou praza está admitido. Pódense consultar as listaxes no taboleiro interior do centro ou coa chave 365 no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.
-
Aberto ata o 13 de setembro o prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Poden atopar toda a información desta convocatoria en: ORIENTACIÓN LEIRADO
-
Publicadas as listaxes provisonais de admisión para o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso 2024-25. Todo o alumnado que solicitou praza está admitido. Pódense consultar as listaxes no taboleiro interior do centro ou coa chave 365 no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.
- Do 1 ao 20 de marzo: Prazo de presentación de solicitude de admisión. Enlace ao impreso de solicitude de admisión.
- Información ás familias sobre o procedemento de admisión.
- Publicación de postos escolares vacantes. Oferta de vacantes.
- Calendario do procedemento de admisión e matrícula.
- Publicada a listaxe de alumnado que solicitou reserva no taboleiro da secretaría do centro. Resultou admitido todo o alumnado que solicitou reserva de praza.
-
Reserva de praza nos centros adscritos: remata o 5 de febreiro incluído. O alumnado de 6º de educación primaria que pretenda continuar os seus estudos no IES de Salvaterra de Miño deberá cubrir a solicitude de reserva e presentala no centro.
- Centro galardoado no IX Concurso de Traballo por Proxectos realizados durante o curso 2022/2023 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
- Circular informativa de inicio de curso.
- Comezo actividade lectiva: luns 11 de setembro.
- PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN 4º de educación infantil: do 11 ao 13 de setembro de 09,45 a 11,45 h; do 14 ao 15 de setembro de 09,45 a 13,00 h e a partires do 18 de setembro de 09,30 a 14,30 h.
- Reunións iniciais coas familias: mércores 6 de setembro ás 10,00 h reunión coas familias de 4º, 5º e 6º de educación infantil; mércores 6 de setembro ás 12,00 h reunión coas familias de 1º e 2º de educación primaria; xoves 7 de setembro ás 10,00 h reunión coas familias de 3º e 4º de educación primaria; e xoves 7 de setembro ás 12,00 h reunión coas familias de 5º e 6º de educación primaria.
- Listado de libros de texto para o curso 2023-2024.
- Guía para facilitar o acceso ao IES ao alumnado e ás familias de 6º curso de educación primaria.
- Pautas do Departamento de Orientación para as familias do alumnado que inicia a escolaridade o vindeiro curso escolar.
- Aberto ata o 20 de setembro o prazo de solicitudes de becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Convocadas as axudas para a adquisición de libros e material escolar de educación infantil
- Convocado o fondo solidario de libros de texto e material escolar.
- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O CURSO ESCOLAR PREVIA CITA DE SECRETARÍA, DIRECCIÓN E XERATURA DE ESTUDOS (previa cita): Luns, martes e venres dende as 09,40 ás 10,10.