Complementarias

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

O plan de actividades que se está a realizar neste curso escolar  é o seguinte:

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA: 20 de novembro.

MAGOSTO E O SAMAÍN

Celebraranse nos derradeiros días de Outubro e os primeiros de Novembro a través de distintas actividades como son as seguintes:

Traballos con cabazas (dos que se fará unha exposición).

Receitas de cociña: Preparación dunha receita con produtos da época e posterior degustación.

Exposición de cestas con produtos do Outono confeccionadas por cada curso.

Xogos populares.

Magosto.

Murais.

Programa especial na radio escolar no que se tratarán diversos temas relacionados co Magosto (contos, poemas, chistes, adiviñas…).

DÍA UNIVERSAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 de novembro.

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA: do 28 de novembro ao 5 de decembro.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: 3 de decembro.

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS: 10 de decembro.

O NADAL

Elaboración de postais e adornos propios destas datas.

Decoración do centro con motivos de nadal.

Aprendizaxe de panxoliñas, poemas, contos .....

Celebración dun Festival de Nadal aberto a pais e nais e antigos/as alumnos e alumnas.

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN: 24 de xaneiro.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ: 30 de xaneiro.

Para esta celebración realizarase unha actividade colectiva na que participan todo o alumnado e o profesorado.

O ENTROIDO

Para festexar o Entroido levaranse a cabo as seguintes actividades:

A elaboración de disfraces por ciclos, baixo un tema común para todos relacionado co proxecto anual.

Realización de murais de temática do Entroido.

Ornamentación da escola.

Aprendizaxe de cantigas e poemas sobre esta festa.

Programa especial na radio escolar de temática relacionada co Entroido.

Obradoiro de máscaras.

Participación no desfile de Entroido que terá lugar en Salvaterra cos demais centros do Concello.

Degustación de sobremesas típicas do Entroido.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 23 de febreiro.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER DA MULLER: 8 de marzo.

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR: 15 de marzo.

SEMANA DE PRENSA: do 4 ao 8 de Marzo.

DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1 de abril.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: 7 de Abril.

SEMANA DO LIBRO: do 22 a 26 de abril.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR: 2 de maio.

DÍA DE EUROPA: 9 de maio.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: do 13 ao 17 de maio.

Nestes días levaranse a cabo actividades a realizar durante unha semana, coa celebración dun festival. Para esta ocasión prepararanse poemas, obras teatros ou contacontos entre outras actuacións.

Entre as actividades previstas para estas datas atópanse as seguintes:

Asistencia a charlas e conferencias.

Proxección de películas.

Xornada de xogos populares.

Exposicións.

Preparación do prato conmemorativo para a galería de autores.

Elaboración da unidade didáctica do autor, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega.

DÍAMUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE: 5 de xuño

CELEBRACIÓNS DE FINAL DE CURSO

Entrega de orlas e diplomas, visita ao IES de Salvaterra, xornada de portas abertas, festival e xogos.

 

 

SAÍDAS DIDÁCTICAS, LÚDICAS E SAÍDAS RELACIONADAS CO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ANUAL


Con respecto a todas as actividades e celebracións sinaladas cabe salientar que se planifican e realizan en estreita colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de biblioteca, equipo TIC e equipo de actividades complementarias.

 

SAÍDAS  

Ademais da saída de fin de curso, cada ciclo realiza unha saída en relación co proxecto anual.

Powered by Drupal - Design by artinet