CPInclúe: INCLÚE-T

Coa finalidade de fomentar e mellorar a inclusión de todo o alumnado no centro atendendo á diversidade, á inclusión educativa e social e colaborando con asociacións que traballan na diversidade funcional e desenvolvendo dinámicas de traballo cooperativo; desenvolveranse no centro toda unha serie de actividades e metodoloxías activas tales coma:

  •  Aprendizaxe Cooperativa. 
  • Tarefas integradas.
  •  Adecuación do deseño das tarefas ás pautas do Deseño Universal da Aprendizaxe.
  •  Accesiblidade cognitiva.
  • ...

CPInclúe: IGUÁLA-T

Coa finalidade de potenciar entre o noso alumnado a coeducación, a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a prevención e tratamento da violencia de xénero, a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual..., desenvolveranse no presente curso escolar toda unha serie de actividades:

  • Mochilas viaxeiras temáticas sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a prevención e tratamento da violencia de xénero, a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual...
  • O estudo do papel da muller dentro do proxecto interdisciplinar anual de centro.
  • Mulleres influíntes na historia en distintas culturas.
  • Actividade conmemorativa do día internacional da muller: 8 de marzo.
  • Familias lectoras: Lecturas temáticas sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a prevención e tratamento da violencia de xénero e a promoción do respecto polo diversidade afectivosexual.

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA: DAFIS, MILLA DIARIA, PVDA E XOGADE - PROXECTA +

O proxecto de vida activa e deportiva busca coordinar todos os esforzos da comunidade educativa dentro e fóra do horario lectivo e dentro e dentro e fóra do centro escolar para aumentar a actividade física dos nosos escolares dentro do Plan Galicia Saudable. Para isto, o Plan Proxecta + da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ofrece distintas ferramentas. DAFIS, MILLA DIARIA, PVDA e XOGADE son as ferramentas elixidas dende o centro para comezar o proceso de construción desta dinámica activa da nosa comunidade escolar.  

Powered by Drupal - Design by artinet