ACHÉGASE O .... "MAGOSTOMAÍN" !!!

Este ano celebraremos no cole o...  MAGOSTOMAÍN !!! 

Nesta festa conmemoraremos o Samaín e o Magosto. O alumnado poderá participar :

-VI EXPOSICIÓN DE CABAZAS. Os nenos/as poderán traer unha cabaza decorada a partir do xoves 26 para que forme parte da exposición de cabazas que terá lugar no colexio.

 

-MAGOSTO. O martes, 31 de outubro celebraremos o Magostomaín no colexio cos amigos e amigas, polo que vos pedimos que traian unha presa de castañas xa picadasa partir do luns 30.

O martes todos os nenos e nenas que queiran poden vir disfrazados ao cole.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ESPERAMOS QUE PASEDES UN MAGOSTOMAÍN

TERRORÍIIIIIFIIIIICOOOOOOOOO!!!