SAÚDO DA NOVA DIRECTIVA

Carmen, Edel e Araceli deixan paso a Loli, Adriana e Ana. As tres constitúen o novo Equipo Directivo, no que Loli desempeñará as funcións de Directora, Adriana de Secretaria e Ana de Xefa de Estudos.

Son cargos cheos de moitísimo traballo e responsabilidades pero tamén acompañados de ilusións, ganas, proxectos... sempre respaldados por un grupo docente e non docente marabilloso, un ANPA moi activa, familias participativas, Concello colaborador...

En definitiva, unha COMUNIDADE EDUCATIVA en prol dun ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE.

 

 

FIN DE CURSO 20-21

Ola familias,

Este curso tan especial rematou con moitos actos moi emotivos para despedir aos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria que comezan a súa andaina en Secundaria para o vindeiro ano. Ademáis realizouse unha festa por todo o alto de entrega dos petos de Boas prácticas e non podía faltar unha graduación para os alumnos e alumnas de 6º de Infantil que comezan o vindeiro ano a Etapa de Primaria.

Como este ano, por mor da Covid, todo tivo que ser en privado e coas medidas de seguridade marcadas, podedes ver todos os actos nestes vídeos!!!

Felices vacacións e moi moi verán!!!!

 

 

NOVAS DO ANPA E DO SERVIZO DO COMEDOR

Boas familias,

Durante o mes de SETEMBRO para reforzar o proceso administrativo dos servizos do ANPA, haberá unha persoa no despacho do ANPA do noso centro para evitar as aglomeracións, para resolver as dúbidas, entregar documentación, pagar en efectivo... Podedes acceder ao despacho os seguintes días ao inicio do curso académico 21-22:

XOVES 9 DE SETEMBRO - 9:15 A 13:30h.  // 15:30 A 17:00h.

VENRES 10 SETEMBRO - 9:15 A 13:30h.

LUNS 13 SETEMBRO - 9:15 A 13:30h.  // 16:00 A 18:00h.

MARTES 14 SETEMBRO - 16:00 A 17:15h.

MÉRCORES 15 SETEMBRO - 16:00 A 17:15h.

XOVES 16 SETEMBRO - 16:00 A 17:15h.

 

Ademáis podedes consultar:

- A Guía Informativa do comedor para o curso 21-22  

- O Protocolo Covid do servizo do Comedor (Aínda que é provisional á espera das indicacións da Consellería para o inicio de curso).

Toda a información a podedes consultar no BLOGUE DO ANPA CEIP LUÍS SEOANE.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!!

Foi un ano moi duro, longo e cheo de retos que superar. Xa chegamos á meta e o que sacamos en claro é que xuntos podemos...

So podemos decir GRAZAS! Grazas polo apoio, a comprensión e o esforzo porque xuntos chegamos!

Moi feliz verán!!!

Ademais, tamén hoxe despedimos aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Para axudarlles no seu paso a Secundaria o Departamento de Orientación fixo esta presentación:

Adeus Primaria, Ola Secundaria!!!

Tedes mais información na Web do DO.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 21/22

Boas familias!

Neste enlace podedes consultar os libros de texto por niveis educativos que usarán os vosos fillos e fillas para o curso 21/22.

LIBROS CURSO 21/22

CALENDARIO ESCOLAR 21/22

Boas familias!!!

O calendario escolar para o vindeiro curso 21/22 xa está aprobado. Podedes ver as datas do incio de curso e os diferentes festivos oficiais neste ENLACE.

Recordade que o cole pedirá ao inicio de curso, dous festivos que se engadirán a este calendario.

Un saúdo.

INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO E SERVIZOS DO COLE

Ola Familias!!!!

Xa estamos rematando o curso e coas novas matrículas para o vindeiro!!! Deixámosvos un pequeno tríptico informativo sobre a organización e o funcionamento básico do noso centro.

Xa sabedes que todo establecerase polos protocolos de sanidade e educación da Consellería de Sanidade e Educación que publiquen para o vindeiro curso.

Calqueira dúbida contactade con nós!!!

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 21/22

Bo día Familias!!!

Xa queda pouco para rematar este curso e a nosa ANPA xa está preparando todos servizos dos que dispón para o vindeiro curso.

Hoxe, os vosos nenos e nenas levan a casa as circulares de inscripción tanto como Socio da ANPA, como das actividades extraescolares.

Deixamos aquí o enlace a esta documentación.

-  FICHA DE SOCIO DA ANPA

- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 21/22.

Calqueira dúbida poñédevos en contacto con nós. Un saúdo.

DÍA DE LUÍS SEOANE

O Día 1 de Xuño é o Día do Pintor Luís Seoane por ser a data do seu nacemento. No noso centro non podemos deixar de admirar e coñecer a súa incrible obra. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua propuxeron moitísimas actividades nas aulas. Mirade vaia artistas temos!!!

Podedes acceder a máis información no Blogue de Dinamización da Lingua.

 

DÍA DOS OCÉANOS

#RETOQUERETRO, a través da AAVV de Maianca, preséntanos a súa exposición sobre o lixo no mar e nas praias...

Queredes saber un pouco máis do seu traballo? PINCHA AQUÍ.

Distribuir contido