PUNTO ARCOIRIS

 

Desde o Servizo de Asistencia Técnica da Igualdade do Concello de Oleiros (SATICO), realizarase o luns 13 de maio un obradoiro dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria arredor das violencias LGTBIfóbicas.

Ademais, ese mesmo día, instalarase no cole un "PUNTO ARCOIRIS", como punto de sensibilización e atención para a inclusión da diversidade sexual e de xénero e para a prevención e actuación fronte as violencias LGTBIfóbicas.

Podedes acceder a máis información nas imaxes:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Obradoiro "Educación sexual en familia"

O luns realizamos o obradoiro dirixido a nais, pais e persoal docente coa doutora Carol Strate "Educación sexual integral". Agradecemos moito a vosa asistencia e esperamos que fose proveitosa. Desde o Departamento de Orientación, promotor desta actividade, e coa finalidade de valorar e recoller propostas para vindeiros encontros coas familias, aquí tedes o enlace ao Blog do DO onde atoparedes unha enquisa de valoración.

ENLACE AO BLOG DO DO

Obradoiro afectivo- sexual para nais, pais e profesorado

Desde o Equipo de Convivencia e Benestar Emocional e o Departamento de Orientación, queremos invitarvos, ás nais e pais, xunto co profesorado do centro, a asistir ao obradoiro "Educación sexual en familia" dirixido pola Doutora Carol Strate, xinecóloga e sexóloga, que terá lugar no colexio o LUNS 6 DE MAIO ÁS 17:30 H. 

Aquí deixamos o enlace ao Blog do Departamento de Orientación, desde onde podedes acceder a máis información e, para garantir unha mellor organización, un formulario de inscrición.

Gustaríanos moitísimo contar coa vosa asistencia!

Blog do Departamento de Orientación e formulario de inscrición

(Este obradoiro está dirixido ás familias e profesorado, as nenas e nenos NON poderán asistir nen estar sós nas instalacións do colexio)

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 24-25

 Publicadas as LISTAXES PROVISIONAISdo proceso de admisión do alumnado para o curso 2024-2025.

Pódense consultar a través da aplicación admisionalumnado, mediante Chave 365 e certificado dixital ou ben no taboleiro de anuncios do interior do centro.

A partir de hoxe, ábrese un prazo de reclamacións de 5 días hábiles.

 

Publicación de LISTAXES DEFINITIVAS: 15 de maio

DÍA DA CIENCIA NO COLE - OLIMPÍADAS CIENTÍFICAS

O MARTES 7 DE MAIO (se o tempo acompaña), conmemoraremos no noso cole o DÍA DA CIENCIA coas "Olimpíadas científicas", onde as nosas nenas e nenos amosarán os proxectos científicos que desenvolveron nas aulas e nos grupos de traballo durante este curso. Haberá proxectos artísticos, químicos, matemáticos, botánicos, de enxeñería... e poderedes ver ás vosas nenas e nenos explicarvos o seu desenvolvemento, uso e proceso de creación no que participaron. 

Será un día de festa e queremos que participedes nel asistindo polo que haberá tres quendas a elixir. Para iso, tedes que facer a inscrición nun formulario onde deberedes:

  • Escoller unha das tres quendas propostas (importante: só poderedes apuntarvos a UNHA DAS QUENDAS)
  • Nome e apelidos de todas as persoas que queiran asistir ( haberá un aforo limitado para que poda ser unha actividade divertida e educativa. No caso que se cubra o aforo dunha quenda poñerémonos en contacto con vós para cambiar a vosa quenda de visita). As persoas que NON ESTEAN INSCRITAS NA LISTAXE NON PODERÁN ENTRAR no colexio.
 
 
PODEDES INSCRIBIRVOS ATA O 1 DE MAIO
 
 
 

ADMISIÓN ALUMNADO

FASE DE BAREMACIÓN

Unha vez realizado o baremo do alumnado que non obtivo asignación de praza no procedemento de admisión, pódense consultar as listaxes coas puntuacións a través da aplicación admisionalumnado, mediante Chave 365 ou certificado dixital, ou ben na secretaría do centro, logo de acreditar a súa identidade e asinar un compromiso de confidencialidade (Art. 35.5 da Orde do 21-10-22 de admision do  alumnado).

As listaxes provisionais publicaranse o 25 de abril.

Avaliación de diagnóstico 2023/24

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pódese atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

 ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

Rematado o prazo de admisión para a solicitude de praza do curso do curso 24-25,

comeza a fase de baremación para o alumnado que non resultou admitido. 
 
 
Unha vez recollidas todas as solicitudes, indicamos que
 

4º EI: 40 vacantes e 28 solicitudes. NON HAI QUE BAREMAR.

5º EI: 2 vacantes e 1 solicitude. NON HAI QUE BAREMAR.

6º EI: 6 vacantes e 1solicitude. NON HAI QUE BAREMAR.

1º EP: 12 vacantes e 1 solicitude. NON HAI QUE BAREMAR

3º EP: 0 vacantes e 3 solicitudes. HAI QUE BAREMAR.

6º EP: 0 vacantes e hai 2 solicitudes. HAI QUE BAREMAR.

O prazo para a presentación da documentación xustificativa (no caso de non tela presentado xunto coa admisión) nos casos indicados nos que hai que baremar abrangue do 22 de marzo ao 5 de abril de 2024.

O alumnado susceptible de ser baremado pódese consultar no taboleiro de anuncios do centro ou na aplicación “admisionalumnado” a través do certificado dixital ou Chave 365

O día 25 de abril de 2024 serán publicadas a listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido por curso e por orde de puntuación provisional obtida (nos casos baremados).

LISTAXE ALUMNADO DE 6ºEP ADMITIDO NO IES MARÍA CASARES

Publicada a listaxe provisional de admitidos do alumnado de 6º EP que solicitou praza no IES MARÍA CASARES para o curso 2024-2025.

 Esta listaxe poderá consultarse:

  • Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar, tanto no centro de orixe e como no IES

  • Telemáticamente: a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

DO 1 AO 20 DE MARZOÁBRESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE NOVO  ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025 .

CONSULTA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN

 

 

Distribuir contido