Plan de Mellora de Bibotecas

A Consellería acaba de publicar a Resolución definitiva da convocatoria do PLan de Mellora de bibliotecas escolares ( DOG do 17 de novembro de 2023)  para o curso 2023/24, e, grazas ao proxecto presentado e ao traballo que se vén realizando, o noso colexio foi seleccionado. A dotación concedida suporá un gran impulso para a mellora da nosa biblioteca e o fomento da lectura.

La Consellería de Educación incorpora 28 centros públicos al Plan de mejora  de bibliotecas escolares (PLAMBE) | Consellería de Cultura, Educación y  Universidad

Importante información da ANPA

Subvención do Concello de Oleiros aos usuarios do comedor

No curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai conceder unha subvención á ANPA destinada a disminuir o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite e que estea empadroadono Concello de Oleiros.

Deberá presentase a solicitude debidamente cuberta á ANPA antes do día 31/10/2023

Tedes acceso a toda a información neste enlace ao blog da ANPA

 

DÍAS NON LECTIVOS

A Xefatura Territorial vén de autorizar a petición de día non lectivo para o 13 de outubro, polo que ese día non teremos clase.

PROGRAMA MUNICIPAL DE NATACIÓN ESCOLAR 2023/24

preview highslide max

Inscricións

Do 18 ao 23 de setembro de 2023, na piscina que lle corresponda realizar a actividade

 

Elección de días non lectivos curso 2023/24

No Consello Escolar elexíronse como días non lectivos, pendentes de aprobación por parte da Xefatura Territorial, no curso 2023/24:

  • 13 de outubro de 2023

  • 20 de maio de 2024

Becas e axudas para alumnado con necesidad específica de apoio educativo

BECAS N.E.E 2022-2023 - Colegio "Sagrado Corazón" - Jesuitinas

Lembramos que ata o 20 de setembro está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas axudas ao alumnado con NEAE.

Tedes enlace a toda a información no panel da esquerda.

Podedes pedir cita previa coa Orientadora, se o precisades, chamando ao teléfono co colexio.

VISITA O NOSO COLE

 

O alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA que se incorpora ao noso centro por primeira vez neste curso, está invitado a coñecer as instalacións do cole o XOVES 7 de setembro ás 11:00 h, previo ao inicio das clases o luns 11.

 

O alumnado de 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL de nova incorporación, desde a titorías poñeranse en contacto con vós telefonicamente para concertar a visita do cole antes do inicio das clases.

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE CURSO 23-24

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

Para descargar os arquivos, preme no enlace:

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Podedes acceder ás listaxes premendo no enlace. 

IMPORTANTE: os libros de 3º e 4º EP para alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto serán repartidos o LUNS 11 DE SETEMBRO DE 16:00 A 17:00 horas, nas aulas correspondentes.

Os cursos de 5º e 6º de E.Primaria non teñen libros de texto por estar adheridos ao Programa EDIXGAL.

 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

(A asistencia ás reunións será sen nenas nen nenos)

  •  4º E. Infantil: Importante acudir ás dúas reunións que se realizarán.

            - Xoves 7 de setembro, ás 11 h

            - Luns 25 de setembro, ás 16:30

  •  5º E. Infantil: xoves 7 de setembro ás 13h
  •  6º E. Infantil: xoves 21 de setembro, ás 16:30 h

  •  1º E. P: martes 12 de setembro, ás 16 h

  •  2º E.P: martes 19 de setembro. ás 16 h

  •  3º E.P: mércores 13 de setembro, ás 16 h

  •  4º E.P: xoves 14 de setembro, ás 16 h

  •  5º E.P: martes 26 de setembro, ás 16:30 h

  •  6º E.P: mércores 27 de setembro, ás 16:30 h

Non poderá haber alumnado sen supervisión no colexio durante a realización destas reunións)

INFORMACIÓN DA ANPA

      HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS NA PRIMEIRA SEMANA DE CLASE

  • Luns 11 de setembro: de 9.15 h a 11.15 h   e  de 15.30 h a 18 h

  • Mércores 13 de setembro: de 15.30 h a 18 h

Información ANPA: Comedor curso 2023/24

Do 1 ao 30 de agosto de 2023 podedes facer a reserva das vosas fillas e fillos como usuarios do comedor para o curso 2023/24. No tríptico informativo de Jardanay tedes toda a información para facer a inscrición a través da súa páxina ( https://jardanay.es/ ).

Toda a información está no blog da ANPA, onde tamén atoparedes a información das actividades extraescolares para o curso 2023/24.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

As listaxes poden consultarse na Aplicación "fondolibros", mediante a Chave 365, ou no taboleiro de anuncios do centro.

*Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes.

Publicación da listaxe provisional de beneficiarios: 4 de xullo

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 5 e 6 de xullo

Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo

Entrega de vales: do 10 ao 14 de xullo de 9 a 14 horas

 

Entrega dos libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro.

A listaxe de libros de texto para o curso 2023/24 podedes consultala no taboleiro do centro e nesta web.

Os vales tamén poderán ser recollidos no mes de setembro

 

Distribuir contido