Información da ANPA

Desde a Anpa do cole, informan que, como se fai todos os  anos por estas datas, sacarán as fotos de cada clase e de grupo por curso, os días 3 e 4 de maio.

Repartiranse unhas autorizacións para realizalas a través das titorías das vosas fillas e fillos.

Podedes consultar o día e o grupo AQUÍ

 

INFORMACIÓN DA ANPA

A ANPA, coa empresa Jardanay, a partir do terceiro trimestre, vai realizar cambios no servizo de almorzos introducindo melloras para fomentar así hábitos nutricionais saudables.

Podedes coñecer as novidades na web da ANPA e tamén premendo neste enlace.

Actualización de previsión de vacantes curso 2023-24

Admisión IES María Casares

O alumnado de 6º de E.P.  que fixo reserva para o curso de 1º da ESO no IES María Casares, centro ao que estamos adscritos, foi admitido.

Podedes consultar a listaxe no taboleiro de secretaría do centro

RESERVA ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

     RESERVA DE PRAZA ALUMNADO DE NOVO INGRESO

DO 1 AO 20 DE MARZO

CONSULTA TODA  A INFORMACIÓN DENDE AQUÍ

 

  

XORNADA PORTAS ABERTAS

Xa toca elexir cole e ir pensando en facer a reserva ( estade pendentes da web).

Por este motivo,abrimos o cole o 9 de marzo ás 16.30 h. a nais, pais e titores e titoras legais do posible alumnado, nesta ocasión sen nenos nen nenas.

Estaremos encantadas de saudarvos.

 

Entroido 2023

Este ano imos celebrar o Entroido cun desfile desde o colexio ata a Lagoa de Mera. 

Sairemos  do centro sobre ás 11:15 camiñando polo paseo do Balcón de Maianca.

Agardámosvos na rúa para vernos e desfrutar deste día dando "A volta ao mundo en 80 días"!

( O alumnado de Infantil e 1º de EP subirá de volta en autobús para o colexio ás 13.00h.)

Meca, 4º Mandado

3º mandado da Meca Luisiña

2º Mandado da Meca Luisiña

Distribuir contido