APERTURA DO PRAZO DE RESERVA NO IES PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Publicada a ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

  • As solicitudes poden presentarse a través da aplicación"admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou entregando neste centro os formularios debidamente cumplimentados.

  • Hoxe (luns 16 de xaneiro) enviamos os impresos para os nenos que queiran continuar os estudos no IES ao que estamos asdcritos, o IES María Casares.

  • O prazo de presentación das solicitudes abarca do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro ( ambos incluídos).

  • As familias que desexen reservar praza noutro centro, deben comunicarse con el e non entregarán no colexio as solicitudes.

 

Vémonos o día 9 de xaneiro!

Patinaxe sobre xeo

 

 

O Concello de Oleiros invita a desfrutar da pista de xeo, que está na pista polideportiva de Perillo, a todo o alumnado de Primaria e faise cargo tanto do transporte como do custo do uso dos patíns e da pista.

  • Obrigatorio: levar luvas, imprescindibles para esta actividade, roupa de abrigo (recoméndase unha roupa de recambio: calcetíns e pantalón por se nos fixera falta).
  • Desde as titorías enviarase autorización, que deberá ser entregada ao profesorado titor, debidamente cuberta e asinada para poder participar.

Aquí vos deixamos as datas e os horarios 

 

Pista de xeo

Xoves 15/12/2022

Venres 16/12/2022

 

10:00 a 11:00 horas

 

( saída do cole ás 9:10

 

chegada ás 12h)

 

1º e 2º de E. Primaria

 

12:00 a 13:00 horas

 

( saída do cole ás 11:10

 

chegada ás 13:50)

5º e 6º de E. Primaria

3º e 4º de E. Primaria

.

" Non son un xoguete, son un ser vivo"

Baixo ese lema comezamos a nosa campaña de recollida de comida e enseres para mascotas que foron abandonadas e viven nas canceiras.

O equipo de Bosque de Boas Prácticas déronnos charlas para concienciarnos que as nosas mascotas non son un xoguete e precisan de nós. E, aproveitando que a profe Bea ten adoptadas varias mascotas, preparounos unha fermosa historia real e vivida. 

Podemos trer ao cole este mes de decembro, ata o día 20, comida ou enseres que doaremos a unha canceira.

Grazas a todas e todos por difundir esta campaña e colaborar.


Resolución eleccións Consello Escolar

O luns 28 celebramos as eleccións para a renovación dos representantes do Consello Escolar. Podedes consultar a 3ª acta de AQUÍ 

Eleccións renovación Consello Escolar

O luns 21 de novembro tivo lugar a 2ª reunión da Xunta Electoral para as eleccións para a renovación dos membros do Consello Escolar.

Podedes ler a acta e coñecer as candidaturas premendo AQUÍ.

Día de votación: LUNS 28

Horario de votacións:

09:00- 9:30 h.

    13:30 a 14:00 h. 

    15:50 a 18:00 h. 

Pola importancia do Consello Escolar nun centro educativo, animamos a todas e todos a participar na xornada de votación. 

DÍA NON LECTIVO ESCOLLIDO POLO CENTRO

Tal e como tiñamos solicitado desde o Consello Escolar, a Xefatura Territorial acaba de autorizar como día non lectivo escollido polo centro (art. 7.2. da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia) o LUNS 5 DE DECEMBRO, polo que non haberá clase ese día.

Faladoiros no Luís Seoane

Este xoves, 17 de novembro ás 17:30, na sala de usos múltiplos do cole, inauguramos os Faladoiros, dirixidos á comunidade escolar.

Esta iniciativa pódese realizar grazas á colaboración de: Concello de Oleiros, Cooperativa Aventeira e Garda Civil.

Trataremos a Convivencia escolar, tema clave para o bo funcionamento do centro, que ferramentas existen, que implica, protocolos, lexislación actual... Contaremos tamén coa visión do formador da Garda Civil. Sempre dispostos/as a escoitar, reflexionar, aprender e mellorar.

Esperámosvos e desexamos que sexa do voso interese. Animádevos!

 

 

 

CampaNadal Concello de Oleiros

Desde o Concello de Oleiros informan do Campanadal, que se vai levar a cabo do 26 ao 30 de decembro de 2022, en horario de 9 a 14 horas, nas instalacións do CEIP Isidro Parga Pondal. Ofértanse 25 prazas para nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2013 (ambos inclusive) e outras 25 para os nacidos entre os anos 2014 e 2016 (ambos inclusive). Máis información Web do Concello

 

 

Renovación do Consello Escolar

O 2 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral que supervisará e organizará o proceso de eleccións para a renovación do Consello Escolar. Podedes consultar a 1ª Acta e o calendario de actuacións premendo AQUÍO censo de nais, pais e titores/as legais estará publicado na secretaría do centro.
 
Este ano temos que renovar dous representantes do sector do profesorado e TRES representantes do sector de nais/pais/titor/a legal do alumnado polo que animamos, a todas e todos aqueles que queiran, a presentar a súa candidatura.
  • Prazo de presentación de candidaturas: do 11 ao 18 de novembro.
  • Día de votacións: luns 28 de novembro.

 

Distribuir contido