ENTREGA DAS MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

 

AVISO IMPORTANTE

Dende o xoves, 2 de decembro, en horario de 9 a 14 horas, farase ENTREGA DAS MÁSCARAS ao alumnado beneficiario.

Tedes que pedir cita previa no teléfono 981617130

CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN COIDADO DE MASCOTAS

O noso EQUIPO DE BOSQUE, que tanto se preocupa da nosa contorna, non se esquece tampouco da importancia do coidado dos animais. A maioría das persoas temos algunha mascota, pero é preciso concienciarse dos seus coidados e, sobre todo, de que son seres vivos con sentimentos...

Por iso prepararon este vídeo. PREME AQUÍ PARA VELO.

 

ANUNCIO: ADXUDICACIÓN PROVISIONAL AXUDAS COMEDOR

O Concello de Oleiros vén de publicar a resolución pola que se adxudican provisionalmente as axudas de comedor e concédese un prazo de dez días hábiles dende o día seguinte á súa publicación na web do Concello de Oleiros para a presentación de alegacións.

O prazo para a presentación de alegacións finaliza o día 2 de decembro de 2021.

Podedes consultar as listaxes provisionais no taboleiro de anuncios do colexio, no Taboleiro de Edictos do Concello de Oleiros, no do Centro Cultural “A Fábrica”, e na páxina web do Concello.

COLABORADORES NA LIMPEZA DOS PATIOS

Non vos perdades a magnífica enquisa sobre a limpeza dos patios que o EQUIPO DE BOSQUE realizou ás compañeiras de 3º curso!!!

Accede ao blog de BOAS PRÁCTICAS para ver o vídeo!!

Aquí hai grandes defensores do coidado da natureza!!!

DÍA DO SAÚDO

O EQUIPO DE SAUDADORES non para de traballar!!

Hoxe, 21 de novembro, é o DÍA MUNDIAL DO SAÚDO, e por iso prepararon un vídeo que nos amosa como son os saúdos noutros países. Non deixedes de velo!!!

Accede ao blog de BOAS PRÁCTICAS e lembra o seu lema: SAÚDA!!!

ESPAZO EDUCA - CREANDO PONTES

Dende o Centro de Formación e Recursos da Consellería de Educación ponse en marcha o PROGRAMA EDUCA CREANDO PONTES, onde distintos profesionais desenvolverán unha serie de charlas sobre temas de importancia para vós, como familias.

En colaboración co Concello de Oleiros, o vindeiro 24 de novembro, terá lugar a primeira conversa: "QUERES AXUDAR AOS TEUS FILLOS COS ESTUDOS?" impartida por Juan Vaello Orts.

Animamos a todos e todas a asistir.

ENTREGA DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA A ADQUISICIÓN DE MÁSCARAS establecido na ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021-2022 

BENEFICIARIOS

NON ten que presentar solicitude: o alumnado con axuda de material escolar xa concedida.

 ten que presentar solicitude: o alumnado que non solicitara a axuda de material escolar e...

  1. Pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
  2. Alumnado matriculado en educación especial
  3. Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia
  4. Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

PRAZO: do 15 ao 26 de novembro, ambos inclusive.

SOLICITUDES: de forma presencial e SEMPRE CON CITA PREVIA, no centro educativo.

Unha vez rematado o prazo publicaranse instrucións para a consulta das listaxes e posterior recollida das máscaras. 

LEMBRADE: en cumprimento da Lei de Protección de Datos non podemos dar información por teléfono ou por correo electrónico sobre a listaxe das adxudicacións.

 

XOGOS POPULARES

O xoves e o venres o Equipo de Xogos coordinou os recreos cos Xogos Tradicionais prestados polo concello ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio.

Foron unhas xornadas moi divertidas na que os rapaces gozaron cos xogos de sempre como a chave, a corda, a ra...

Accede dende aquí ao BLOG DE BOAS PRÁCTICAS para ver unha mostra do ben que resultou!!

MAGOSTOMAÍN

Xa temos o video que amosa o "terroríficamente" ben que o pasamos na festa de MAGOSTOMAÍN. Esperabamos este día con moitos nervios, xa que foi a primeira festa do ano e resultou un día xenial!! 

 

                                                     Xa estamos esperando a seguinte!!!

         

DÍA DA COIDADORA

Hoxe o blog de BOAS PRÁCTICAS énchese de cariño, de todo o que elas nos dan... Queres velo? Preme na imaxe!!

 

Distribuir contido