1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Blogues

Os nosos "marcalibros"

O alumnado de primaria xa ten listos os seus "marcalibros" para utilizar cada vez que collan prestado un libro na biblioteca. Deste xeito inténtanse manter ben ordenados os fondos da biblio, pois cada alumno/a sabe onde ten que colocar o libro que devolve.

      

  

Blog da biblioteca do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense.

No presente curso escolar  o Equipo  da Biblioteca do CEIP Manuel Luis Acuña de Ourense crea este blog para dar a coñecer entre a comunidade educativa as actividades realizadas desde a Biblioteca do Centro ou relacionadas con ela. Ademais, pretendemos dinamizar este espazo para convertelo no eixe vertebrador das actividades do colexio.

Este curso empezaremos por converter a biblioteca nun espazo máis acolledor donde levar a cabo as actividades que vos iremos mostrando e actualizar os fondos para volvelos máis atractivos á nosa comunidade educativa.

 

Máis abaixo atoparedes algúns artigos previamente publicados en relación coa biblioteca.

Proposta de merendas saudables

Queridas familias:

Un ano máis estamos comprometidos coa promoción de hábitos saudables. Polo tanto, hoxe queremos compartir unha proposta de merendas saudables para traer ao cole durante este curso.

 

 

 

 

Listaxe Definitiva de Libros curso 2018-2019

Xa está dispoñible a listaxe de libros do vindeiro curso escolar. Para ver os libros preme no enlace do arquivo adxunto.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer