1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Blog da Biblioteca

Contacontos

Despois do chamamento que se fixo dende a BiblioAcuña fai unhas semanas, solicitando contacontos voluntarios entre as familias do noso alumnado, recibimos resposta por parte dunhas mamás que nos fixeron pasar uns momentos lectores moi especiais. 

A primeira coa que contamos foi Paloma, a mamá de Emma (unha alumna de segundo), que tivo a todos moi atentos á  historia de EL GRÚFALO e máis LA HIJA DEL GRÚFALO. 

 

               

               

     Os máis maiores puideron escoitar unha versión diferente dalgúns contos clásicos.

               

       

 

 

Contacontos na BiblioAcuña

Onte xoves recibimos no noso cole ao contacontos Benxamín que deixou encantados aos máis cativos coas súas historias, nas que podiamos ver algunhas caras/personaxes ben próximas...todas e todos querían participar. Quedaron con ganas de repetir...

Grazas Benxamín!!!!

 

 

EN ABRIL, LIBROS MIL

VEXO VEO XACOBEO

Na BiblioAcuña celebramos o mes de abril como o mes dos libros. Empezamos celebrando o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil e continuamos con distintas lecturas e actividades para conmemorar o Día do Libro.

Desta vez recibimos a dous peregrinos que nos contaron unha historia moi fermosa sobre o camiño, os peregrinos, a compostela...e cos que aprendemos cousas do Xacobeo.

Vexo, Veo Xacobeo é un programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.

 

Premede aquí para ver as imaxes.

 

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo co día do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo.

Na BiblioAcuña adiantamos un pouquiño esa celebración porque o día 2 de abril non é día lectivo e por tal motivo tivemos unha sesión de contacontos moi, moi especial: Xabier Domínguez Pérez, escritor de literatura infantil e xuvenil contounos algúns dos seus contos. Os máis maiores coñeceron o percorrido dun libro desde unha idea que da lugar a unha historia ata o libro final, pasando pola escritura, impresión, transporte, venta...

MOITAS GRAZAS XABIER!!!!!

 

     

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer