1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Blog da Biblioteca

CONTACONTOS NA BIBLIOACUÑA

BiblioAcuña celebra o día do LIBRO

 

O equipo da Biblioteca do CEIP M. L. ACUÑA, nun intento de reforzar lazos entre todos os membros da comunidade educativa, pide a colaboración das familias do alumnado para contar contos ou historias.

Na semana do 17 ao 21 de abril escolle a mañá e a hora para vir contarnos un conto, historia, etc. Celebraremos desta forma o día do libro, 23 DE ABRIL, adicándolle unha semana enteira.

Se vos gusta contar ou ler contos ou tendes historias interesantes que compartir a BiblioAcuña estavos esperando.

Recortade a parte inferior e devolvédea cuberta cos datos solicitados. Moitísimas grazas!!!!!!!!!!

Contamos con vós !!!! 

 

.....................................................................................................................................................

 

 D/Dna............................................................................................................................................

Nai/ pai / titor/...............do alumno...................................................................................................

 

Propoño o dia........ás.........horas para a actividade de contacontos na BiblioAcuña.

Teléfono de contacto....................................................

 

Ourense, ...............de...................... de 2023

 

 

Asinado

 

SEMANA DA PRENSA

Celebramos a semana da prensa na escola con distintas actividades na aula. Os máis cativos do cole enfocaron a actividade cara o lado máis lúdico e creativo. Os máis maiores estudaron as diferentes seccións do xornal, as partes dunha noticia, etc.

    

O alumnado de 4º de Infantil coas súas creacións.

O alumnado de 5º e 6º de Infantil escribiu bonitas palabras coas letras dos xornais.

  

O alumnado do primeiro ciclo formando frases coas palabras recortadas do xornal.

 

  

O alumnado de 3º e 4º xa sabe cales son as partes dunha noticia.

O alumnado de 5º de primaria leu o xornal "online" .

Os alumnos e alumnas de sexto moi concentrados nas súas actividades.

 

Contacontos: Sen medo

Para conmemorar o 8 de marzo contamos no cole con dúas marabillosas contacontos da compañía Trécola Teatro que nos representaron a súa proposta "Sen medo" para concienciar e sensibilizar ao alumnado en materia de igualdade.
Dende o cole queremos agradecer a Concellería de Igualdade por traer unha proposta tan máxica e ás dúas artistazas que nos visitaron polo seu gran traballo.
 

DÍA DE ROSALÍA

Na BilioAcuña celebramos o día de Rosalía co recitado dos seus versos por parte do alumnado máis maior do centro, acompañados á guitarra polo profe de música.

   

   

 

Os máis cativos fixeron uns bonitos murais:

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer