CONTACONTOS NA BIBLIOACUÑA
Celebramos o día das bibliotecas na BiblioAcuña cunha contacontos de altura: Sabela Gago, que nos deleitou a todas e todos cos seus relatos.
Para os máis maiores trouxo un conto moi interesante ademais de divertido titulado A galiña máis fermosa do galiñeiro. O compañeirismo, o esforzo, a amizade, valorar os aspectos positivos que todos temos para aportar... foron algúns dos temas tratados no conto.
Os máis pequenos pasárono en grande con Martiño e o lapis máxico. As formas, cores, sentimentos, emocións e outros conceptos que se traballan nos primeiros cursos foron desfilando durante a actuación.
Estimadas familias, este curso estamos a desenvolver o plan Proxecta + "voluntariado miúdo". Con este programa pretendemos iniciar ao alumnado no voluntariado mediante o traballo da educación e valores. Así como desenvolver a competencia persoal, social e de aprender a aprender; a competencia cidadá e a competencia emprendedora.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer