Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Apadriñamentos Xaneiro

 

APADRIÑAMENTOS  XANEIRO

 

 

 

 

 

A manta solidaria

 

ACHÉGASE O DÍA DA PAZ

 

A manta solidaria buscará un/ unha don@ solidari@

O vindeiro martes 28 celebra connosco unha

"chocolatada con churros" solidaria.

Ás 17:00 no pavillón, bailaremos tod@s xunt@s a "Polca da Paz"

Logo será a chocolatada

 E para rematar...

"sorteo da manta solidaria"

 

 

 

Apadriñamentos Decembro

 

Apadriñamentos Decembro

Festa Nadal 2013

 

O venres, día 20 de decembro, imos celebrar a Festa de Nadal.

Como en anos anteriores realizaremos dous festivais. Un pola mañá, exclusivamente para alumnos/as do centro; e outro pola tarde, a partir das 16:30 horas, ao que estades convidados todos e todas.

 

 

No festival, que se celebrará no pavillón, haberá actuacións de todos os cursos. Despois

virán os Reis Magos e o Apalpador que repartirán algún agasallo para o cole e que

todosos nenos e nenas o compartirán ao longo do curso. A continuación haberá unha

merenda,para rematar aproximadamente ás 19:00h.

 

 

Apadriñamentos Novembro

Apadriñamentos novembro

 

ORINOCO: Viaxe a un mundo perdido

O pasado 4 de decembro os nenos e nenas de 3º , 5º e 6º curso foron

ao Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Santiago á exposición:

"ORINOCO: Viaxe a un mundo perdido"

A Colección Orinoco propón unha inmersión no chamado “Mundo Perdido”, un lugar protexido ecálido no corazón da selva amazónica, onde apenas o un por cento da luz solar logra alcanzar o chan ao mediodía pero no que o ser humano atopou hai doce mil anos un acolledor fogar onde atopar todo o necesario para vivir. A mostra é un canto á natureza virxe e ao respecto polo medio natural e un recoñecemento ás culturas tradicionais e a súa supervivencia respectuosa coa contorna.

Composta por unha ampla selección de obxectos utilitarios de cada un dos grupos indíxenas, a colección consta de máis de 1.500 pezas recompiladas durante cincuenta anos de exploracións: máscaras, cestería, adornos corporais, instrumentos musicais, plumarios, canoas, remos e instrumentos de pesca, obxectos de uso cotián e máxico-relixiosos, que están construídos con materiais da selva, partes de animais, plantas e minerais.

Mulleres na sociedade, nenas na escola

"Mulleres na sociedade, nenas na escola"

Gracias  nena Alba e a súa avóa Maruxa realizamos un percorrido pola situación da muller co paso do tempo, atendendo á evolución dos dereitos das mulleres, co fin de suprimir as desigualdades e discriminacións de xénero, a educación sexista... a prol dunha igualdade real en todos os ámbitos da vida.

Actividade promovida pola área de Igualdade do Concello de Ferrol.

Conferencia sobre a relación entre o mar e o cambio climático

Conferencia sobre A RELACIÓN ENTRE O MAR E O CAMBIO CLIMÁTICO


Hoxe visitounos Tania Lado Insua, una nova enxeñeira oceánica que, de xeito moi ameno, intentou que @s nen@s aprendesen as relacións entre a observación das correntes mariñas e o cambio climático.

Explicoulles tamén a súa forma de investigar mediante a extracción dos sedimentos dos fondos oceánicos para a través de medicións e observacións sacar información dos cambios climáticos que sufriu o planeta dende fai miles de anos.

Agradecemos especialmente a súa amabilidade e simpatía no trato cos nenos e nenas do noso colexio e que sirva de motivación para que moitos deles e delas sexan futur@s científic@s.

 

 

Primeiras fotos do Magosto - Samain

 

PRIMEIRAS FOTOS DO MAGOSTO - SAMAIN 2013

 

 

 

 

 

Magosto Samain

  PRÓXIMO MÉRCORES 30 DE OUTUBRO

CELEBRAREMOS O MAGOSTO E O SAMAIN

 

 A FESTA COMEZARÁ ÁS 16:15 CUN FESTIVAL

 

ÁS 17:30 PODEREMOS COMER

CASTAÑAS E LEITE

   

 

O ALUMNADO DE 4º E 5º VENDERÁN RIFAS (1 EURO) PARA UNHA CESTA QUE A ANPA SORTEARÁ DURANTE A FESTA E QUE AXUDARÁ A RECADAR FONDOS PARA A EXCURSIÓN DE FIN DE PRIMARIA.

 


 

 

 

 APROXIMADAMENTE ÁS 18.30 FAREMOS O

DESFILE COAS CABAZAS

E

QUEIMAREMOS AS CASTAÑAS XIGANTES

 
Distribuir contido


by Dr. Radut