Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Educación Infantil

OBRADOIRO DE PÓCEMAS / EXPERIMENTOS

Hoxe, penúltimo día do curso, todos os nenos e nenas de infantil levaron o seu LIBRO DE PÓCEMAS cos experimentos que fixemos ao longo deste terceiro trimestre. Vou deixarovos por aquí o contido do libro pero con máis fotos e enlaces aos vídeos das experienzas, que é o realmente interesante. Desculpade que en dito libro hai dous experimentos coas fotos cambiadas, o primeiro e o segundo. Aquí aparecen todas no seu sitio e algunha máis.

O libro di así:

Queridas familias:

Enmarcado no proxecto dos Castelos deste ano tamén fixemos un Obradoiro de Experimentos Científicos co óbxectivo inicial, pouco modesto, de iniciarmonos na formulación de hipóteses, abrindo camiño cara o pensamento e método científico. Outro obxectivo era achegarnos ao concepto de reacción química, todo isto dende a idea inicial de que na época medieval, ademáis de señores e damas, trovadores, bufóns, labregas e cabaleiros tamén había outra importante figura, a das curandeiras e compoñedores que, a míudo, eran tomados por meigas, bruxos ou magos. Estes homes e mulleres facían pocemas que, habitualmente, non pretendian facer conxuro ningún, so curar dolencias e enfermidades. Sen embargo estes experimentos foron tan sorprendentes para estas nenas e nenos de infantil que, en xeral, quedou máis instaurada a idea de pócema máxica que a de experimento científico. Podedes ver os videos dos experimentos no facebook da escola e a través das ligazóns da nosa web. O importante foi que se asombraron bastante, riron moito e gozaron destas reaccións tan singulares que podemos provocar con ingredientes cos que todos e todas podemos contar nas nosas casas. De aí que levemos este “Libro de pócemas/experimentos”, para que, se gustades, repitades as experienzas vós con eles/as na casa.

Ogallá que o desfrutedes!

 

Laura.

Primeria pócema: VARITA MÁXICA

NECESITAMOS:

  • Leite enteira.

  • Colorante alimenticio líquido de varias cores.

  • Deterxente da louza tipo Fairy.

  • Bastonciño de algodón.

  • Prato.

PROCEDEMENTO:

  1. Botamos unha fina capa de leite no prato.

  2. Espallamos pola superficie varias gotas de colorante de varias cores.

  3. Mollamos unha punta do bastonciño de algodón en deterxente.

  4. Tocamos a superficie da leite con colorante como se o bastonciño fose unha variña máxica, con suabidade, sen remexer.

  5. Observamos a reacción.

 

 

PREMENDO NESTE ENLACE PODEDES VER OS VIDEOS DESTE EXPERIMENTO NAS DISTINTAS CLASES.

 

 

Segunda pócema: TORNADO DE LAVA OU LÁMPADA DE LAVA.

NECESITAMOS:

  • Auga

  • Aceite de xirasol ou outro aceite de cor claro.

  • Colorante alimenticio líquido de varias cores.

  • Pastillas efervescentes tipo Alka Seltser.

  • Vaso transparente de tamaño medio-grande.

     

    PROCEDEMENTO:

  1. Botamos un pouco de auga no vaso, un cuarto, aproximadamente.

  2. Coloreamos co colorante da nosa cor favorita (lembrade que mesturando amarelo e azul sae verde, vermello e azúl da violeta e amarelo e vermollo crea o laranxa).

  3. Enchemos o resto do vaso con aceite, con coidado para que non se mesture moito coa auga coloreada.

  4. Deixamos caer unha pastilla efervescente no vaso.

  5. Observamos a reacción.

 

 

PREMENDO NAS SEGUINTES LIGAZÓNS PODEDES VER OS VIDEOS DESTE EXPERIMENTO.

 

Terceira pócema: ESPUMA MÁXICA OU ESPUMA DE DRAGÓN.

NECESITAMOS:

  • Vinagre.

  • Colorante alimenticio líquido de varias cores.

  • Purpurina (opcional)

  • Bicarbonato.

  • Vaso de tamaño pequeño – mediano.

  • Culler.

     

PROCEDEMENTO

 

  1. Colocamos o vaso sobre un plato.

  2. Botamos vinagre no vaso, case ate a metade.

  3. Coloreamos co colorante da nosa cor escollida.

  4. Espolvorexamos con purpurina (se nos gusta).

  5. Botamos unha culler de bicarbonato.

  6. Observamos a reacción.

 

 

PREMENDO NAS SEGUINTES LIGAZÓNS ACCEDERAS AOS VIDEOS DO EXPERIMENTO

 

EXCURSIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE A MARCELLE NATUREZA

    No terceiro trimestre fomos de excursión a Marcelle Natureza, en Outeiro de Rei, Lugo. Ali vimos unha chea de animais de hábitats distintos aos do noso país. Pasámolo de marabilla. Aquí tendes algunhas fotos e o demostran. 

FINAL DA VISITA A MARCELLE, QUE BEN O PASAMOS!!!

PROXECTO DO 3º TRIMESTRE EN 5 ANOS: MONDRIAN E A XEOMETRÍA

No terceiro trimestre na clase de 6º de Infantil dedicámonos á xeometría, aos xogos e aos exercicios de lóxica matemática, e todo iso o fixemos a partir dos cadros do pintor Piet Mondrian. Aquí tendes unha pequena mostra do noso traballo. Que ben o pasamos!!!


 

Distribuir contido


by Dr. Radut