Por fin chegou o entroido! Un ano máis o noso Meco ordéanos vir á escola con "algo especial" e aquel/a que non lle faga caso terá que exporse a unha ducha de fariña...
O luns mandounos vir cun peluche... pero hoxe martes, mirade como nos agardaban os mestres e mestras á entrada da escola:
O MECO deste curso é a CONTAMINACIÓN MARIÑA que acaba coa vida saudábel das especies mariñas, por iso a escultura que fixo a clase de 5º de PRIMARIA, e que queimaremos o venres despois do pasarúas polo barrio, é esta:
Aquí tendes a orde do luns:
A orde do martes:
E para mañá mércores, o Meco ordea...