Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

VISITA DOS PROFESORES E PROFESORAS DE GALES E POLONIA Á NOSA ESCOLA, PROGRAMA ERAMUS +

 

Onte, luns 25 de Abril, recibimos a última visita dos profesores e profesoras de diversos colexios de Cardiff, en Gales e de Varsovia, en Polonia. Viñeron visitar varios colexios de Ferrol, entre eles o noso. Dende hai dous anos a nosa escola participa no programa ERASMUS + no que somos os mestres os que viaxamos a outros países a coñecer e intercambiar experiencias educativas en distintos centros europeos con características similares. O noso proxecto en concreto trataba de coñecer e mellorar a implicación das familias dentro da vida dos centros escolares. A realidade social dos centros participantes neste programa consiste en familias procedentes de xeito moi significativo de diferentes grupos culturais e estratos sociais. Grazas a este programa todas as escolas participantes aprendimos como se traballa nestes colexios tan distantes entre si, descubrindo con gusto que en todos os lugares utilizamos metodoxías moi semellantes, aínda que en todos os casos recollimos interesantes ideas que cada centro aplicou en cada caso segundo as súas necesidades específicas e preferenzas para mellorar esa implicación e participación das familias na vida escolar.

Para recibir esta última visita organizamos na escola unha xincana semellante á que soemos facer na xornada de conviveza familia- escola de fin de curso. Por iso varias familias do centro colaboraron organizando diversas probas e xogos polas que foron pasando todos os alumos e alumnas da escola. A xornada foi especialmente lúdica e divertida para toda a escola, pero tamén apra os nosos visitantes que participaron con gusto nas moitas actividades programadas. Moitas grazas ás familias participantes nesta xornada, xa sabedes que a vosa colaboración e participación fainos sempre mellor escola.

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut