Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2016 DEDICADAS A MANUEL MARÍA

Comezamos a celebración desta conmemoración cun xogo proposto por Florisoleira, a mascota da nosa Biblioteca. O xogo aparecía explicado na Zona de Lectura. 

Ademais, por iniciativa do Equipo da Biblioteca, decidimos facer en cada clase da escola un mural a partir dun dos poemas de Manuel María que a aparecen na súa obra Os soños na gaiola, clasico da nosa literatura infantil. En concreto escollemos entre os poemas dedicados aos animais que aparecen nos epígrafes desta obra.

 

E aquí tendes o resultado, que podedes ver de cerca exposto na entrada de Primaria da escola. Estades, coma sempre, convidad@s a visitala.

CLASE DE 4º DE INFANTIL (3-4 ANOS)

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ERES TAN FRIOLEIRO!

O LOMBO LÉVA-LA CASA,
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡E DEIXAS CINTAS DE SEDA
ENGALANANDO O CARREIRO!

CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLÓN:
¡PON OS TEUS CORNOS Ó SOL
Ó SOL OS TEUS CORNOS PON!

 

CLASE DE 5º DE INFANTIL (4-5 ANOS)

Teño un año branco

como outro non hai,

Teño un año branco

que quedou sen nai!

 

Ven conmigo ao prado

e ao monte tamén,

a onde quer que eu vaia

el comigo ven…

 

Sempre ven comigo,

sen min non se afai.

Eu son seu amigo

que quedou sen nai!

 

El comigo brinca

e eu xogo con el.

Meu añiño branco,

meu amigo fiel…!

 

El comigo xoga:

moi mansiño é!

E sei o que fala

cando dice: meé!

CLASE DE 1º DE PRIMARIA

A señora Vaca traballa sen tasa,

mantén a súa cría dá leite prá casa.

A señora Vaca non dá descansado,

tira polo carro e arrastra o arado.

 

A señora Vaca -ten a cor teixa-

sofre en silencio pro non se queixa.

A señora Vaca vai do monte ao prado

e do prado ao curro con ar resignado.

A señora Vaca é humilde e mansa:

 

non sei que misterio na súa ollada cansa!

Non sei que misterio nos seus ollos quedos

que semellan feitos de noites e medos! 

CLASE DE 2º DE PRIMARIA

Arre, corre,

meu burro trotón,

meu burriño manso,

meu burriño bon!

 

-Corre meu burriño;

non gallopes, voa!

A ver si lle ganas

ao vento que zoa!

 

-Arre meu burriño,

non seas perguiceiro!

A ver si lle gañas

ao vento lixeiro…!

 

-Corre meu burriño,

nos cascos pon ás!

Si queres ao vento

deixarás atrás…!

 

-Arre, meu burriño!

Corre máis deprisa!

Que si perde o vento

xa verás que risa…!

 ****

CLASE DE 3º DE PRIMARIA

Raio de luz,

bolboreta que voas de flor en flor:

non che me engada teu vó,

que me engada túa color!

 

 

Non che me engada teu vó,

nin teu ar de soñadora!

A gracia da túa color

é o que a min me namora!

 

Engádame a túa color,

mezcla de noite e aurora,

as túas antenas delgadas

e as túas azas voadoras!

 

Bolboreta, vidro feble,

que voas polo xardín:

semellas bolboretiña,

unha dona de postín...! 

CLASE DE 4º DE PRIMARIA

Espertas as estrelas

co teu quiquiriquí.

Tes plumas amarelas

coas que presumes ti.

 

Eres un gran señor,

orgulloso, sen diñeiro!

Meu galo galeador!

Fachenda do galiñeiro!

CLASE DE 5º DE PRIMARIA

A señora pita

leva a súa rolada

como unha señora

moi señorada

 

-Pío, pío, pío...

Cada pío un choro.

¡Os pitiños pían

en píante coro!

 

Moi señoreada

-e a roupa mendada-

vai a pita choca

levando a niñada.

 

-Pío, pío, pío...

¡Con piar inquedo

pían os pitiños

porque teñen medo!

 

Baixo de Galiña

os pitos dun fato

todos en rolada

¡que vén o miñato!

 

-¡non hai pío, pío

non hai pío, pon

que no alto ceo

voa miñaton!

 

 

CLASE DE 6º DE PRIMARIA

****

 

O venres 13 de maio os nenos e nenas de primaria remataron os seus murais e o xogo proposto por Florisoleira, e tamén foron a ver a vídeo elaborado polas nenas e nenos da clase de 2º de Primaria coas súas ilustracións e coa voz da súa titora, Lupe Ces, sobre o conto de Manuel María Os bigotes de Mimí. Aquí o tendes: 

"Estamos aprendendo moito cos libros de Manuel Maria. Gostamos moito da poesía de "Os soños na gaiola". Ilustramos o conto "Os bigotes de Mimi", inspirandonos nas ilustracións de Xaquin Marin." A clase de 2º EP.

 

Este mesmo venres en Infantil fixeron unha búsca das LETRAS GALEGAS do noso abecedario por toda a planta inferior da escola. Foi divertidísimo! Despois compuxeron coas letras o nome de Manuel María e dos animais dos  poemas que escolleron do autor. Premendo na foto poderás acceder ás demais desta actividade.

 

NOTICIA EN CONSTRUCCIÓN, DESCULPADE AS MOLESTIAS



page | by Dr. Radut