Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

DÍA DA PAZ

Este martes 29 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ (que oficialmente é hoxe, 30 de Xaneiro). Fixemos unha doble celebración, pola mañá e pola tarde.

Comezamos no salón de actos (e sala de usos multiples) da nosa escola presentado, por cursos, os nosos ATRAPASOÑOS DE PAZ onde as nenas e nenos da escola foron explicando  a súa interpretación dese atrapasoños nos que quedaban enganchadas as cousas que nos impiden a Paz, a saber... os insultos, as pelexas, as guerras, a probreza, o maltrato, o machismo, as burlas, os berros, o egoismo, a envexa, as desigualdades, as inxustizas... para logo fuxiren polo burato central do atrapasoños para non volver xamais, e só quedar, pendurados das súas cordas, as cousas que nos levan a esa desexada PAZ: as apertas, os bicos, a solidariedade, a amizade, o amor, a igualdade, o silencio, a escoita, o diálogo, a concordia, o esforzo, o cariño, o coidado da natureza, a axuda aos demais, o coidado, ... Quedaron unha obras preciosas que pendurarán dos teitos da escola por bastante tempo para que poidades achegarvos a eles e miralos con atención, animádevos, merece a pena.

Despois actuou 4º de primaria cun rap marabilloso sobre esa importante idea da Paz. A continuación os compañeiros e compañeiras de 6º de primaria fixeron unha representación do que fai a solidariedade, o traballo en equipo e o compartir. Despois cantaron a canción Tempestades de sal de Ses grazas á colaboración á guitarra do pai de Sara, de 5º de infantil. Finalmente toda a escola bailou a POLCA DA PAZ nun divertidísimo ensaio para a tarde.

 Ás cinco da tarde reunímonos coas familias que quixeron acompañarnos no noso pavillón para gozar dunha CHOCOLATADA SOLIDARIA na que a ANPA preparou un delicioso chocolate á taza con rosquillas para recadar fondos para a excursión de fin de curso de 5º er6º de primaria. Por suposto primeiro bailamos a nosa querida POLCA DA PAZ. Tamén se sortearon varias cestas con xogos e xoguetes e unha MANTA SOLIDARIA feita por familias e alumnado da escola.

Oxalá esa PAZ sexa unha realidade e non un desexo.

 


Podedes ver esta mesma nova en facebook a través desta ligazón.

 

 

 



page | by Dr. Radut