Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

VENRES DE ENTROIDO: PASARÚAS, QUEIMA DO MECO E MERENDA DE ORELLAS E LEITE

Aquí tendes a ligazón áca rpeta do facebook coas fotos desta fantástica mañá:

 

XOVES DE ENTROIDO! XUÍZO E TESTAMENTOS DO MECO

O xoves da semana do Entroido é o último día que temos que vir ataviados coas ordes do Meco. Á entrada do salón de actos os alumnos e alumnas de 5º, que son os encargad@s de elaborar o Meco e facer cumprir as súas ordes a golpe de ducha de fariña, revisaban os atuendos de todos o alumnado que acudía a ver o Xuízo do Meco e a lectura posterior dos seus testamentos. Aquí abaixo tendes as ligazóns ás carpetas coas fotos en facebook desta festa:

 

 

Aquí tendes a ligazón á primeira parte do Entroido no Masdías, 

 

 

IAGO, CONTACONTOS DE OURENSE, VISITOU A NOSA ESCOLA

Onte tivemos a sorte de escoitar e participar do simpático conto que nos contou e interpretou Iago. Foi divertidísimo! E encantaounos que necesitara tant@s axudantes.

SEMANA DO ENTROIDO NO MASDÍAS

Por fin chegou o entroido! Un ano máis o noso Meco ordéanos vir á escola con "algo especial" e aquel/a que non lle faga caso terá que exporse a unha ducha de fariña...

O luns mandounos vir cun peluche... pero hoxe martes, mirade como nos agardaban os mestres e mestras á entrada da escola:

 

MECO deste curso é a CONTAMINACIÓN MARIÑA que acaba coa vida saudábel das especies mariñas, por iso a escultura que fixo a clase de 5º de PRIMARIA, e que queimaremos o venres despois do pasarúas polo barrio,  é esta:

 

Aquí tendes a orde do luns:

A orde do martes:

E para mañá mércores, o Meco ordea...

 

VEN A COÑECER A NOSA ESCOLA!

 

Visítanos!

Durante o periodo de matriculación, do 1 ao 20 de marzo, temos

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

e podedes ver o funcionamento da escola polas mañás, no noso horario lectivo, de 9.00 a 14.00 h. ou os martes pola tarde (neste caso sen nenos/as, de 16.00 a 19.00 h).


 

PRÓXIMAMENTE ABRIRASE O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN PARA A MATRÍCULA NO CURSO 2019-2020

Distribuir contido


by Dr. Radut