Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

curso 2011-2012

XUÍZO E TESTAMENTO DO MECO

O pasado xoves día16 de febreiro celebramos o xuízo ao Meco, que este ano representaba os recortes en educación. O xuízo, como en anos anteriores, foi representado polos alumnos/as de sexto e o Meco foi elaborado polos alumnos de quinto.

Unha vez rematado o xuízo, os distintos cursos leron os testamentos elaborados  e despois cantamos as coplas da comparsa.             

 

         

 

Preme aquí para ver máis fotos

PROXECTO DE ANIMACIÓN Á LECTURA "CONTA COMIGO"

O noso centro, coa participación do grupo "Cantaconto" (Gelo e Vero) vai desenvolver, en 22 sesións de traballo, un proxecto de animación lecto-escritora titulado "CONTA COMIGO" . Un proxecto que pretende traballar e desenvolver habilidades de escoita, fala e escritura que servan para mellorar a competencia lingüística dos nosos nenos/as.

 

CONTA COMIGO... para disfrutar escoitando.

CONTA COMIGO... para conversar.

CONTA COMIGO... para divertirte lendo.

CONTA COMIGO... para escribir historias e protagonizalas.

CONTA COMIGO... para imaxinar outros mundos.

CONTA COMIGO... para compartir emocións.

CONTA COMIGO... para coñecer outras culturas.

CONTA COMIGO... que nós tamén contamos contigo!!!

 

Xa temos as fotos da primeira sesión. (ver fotos)

 

   

NADAL 2011

O pasado 21 de decembro do 2011 celebramos no colexio o Festival de Nadal. Este festival, aberto a toda a comunidade educativa, contou con diversas actuacións por parte dos nosos/as alumnos/as e cunha actuación final na que participou todo o alumnado e profesorado.

Rematado o festival, contamos coa presenza do Apalpador e dos Reis Magos, que recibiron as cartas dos nenos e nenas e repartiron agasallos.

Rematamos a festa comendo diversos productos do Nadal.

 

Algunhas das fotos deste festival xa están dispoñibles na nosa Galería.

 



Distribuir contido


by Dr. Radut