Magosto

Celebramos o magosto con xogos, música, doces e... moitas castañas!

Tamén tivo lugar o "IV Concurso de Doces Elaborados con Froitos de Outono". Despois de moito deliberar o sufrido xurado outorgou os seguintes premios:

1º PREMIO E MELLOR PRESENTACIÓN

"Torta de queixo e frambuesas"

César Gómez - 6º de E. I.

2º PREMIO

"Torta de castañas"

Antía Nistal - 5º de Primaria.

3º PREMIO

"Biscoito de mandarina"

Nico Vázquez. 6º de E.I.

Queremos agradecer a colaboración a toda a comunidade educativa, en especial aos alumnos e alumnas de 6º e a todas as familias que cada ano se esmeran máis, como ben podemos comprobar.