Actividades

Letras Galegas 2017: excursión da ANPA

 

O día 17 de maio, as familias participaron na excursión que tódolos anos organiza a ANPA. Nesta edición visitamos o ecomuseo de Arxeriz (Escairón) coa guía de Sonia que nos amosou elementos típicos da casa tradicional: o lagar, a cociña... pero tamén a navegación fluvial e artes da pesca no Miño e Sil, así como as catas arqueolóxicas do castro onde desfrutamos da vista do cabo do mundo.

Despois de comer fomos ao embarcadeiro de Belesar onde o capitán Miguel e o guía Anxo explicáronnos con detalle tanto o entorno, o impacto da presa de Belesar, a viticultura, o arte románico... 

Acabamos o día cunha merenda en Chantada.

Agradecemos a tod@s que nos acompañarades e emplazámovos para a vindeira convocatoria.

Distribuir contido