Saltar navegación

As "Caza do Tesouro"

Caza do tesouroA "Caza do Tesouro" é un tipo de actividade didáctica moi sinxela que permite integrar Internet no curriculum.

Consiste nunha serie de preguntas e unha lista de direccións de páxinas web das que poden extraerse ou inferirse as respostas.

Algunhas inclúen una “Gran pregunta” ao final, que require que o alumnado integre os coñecementos adquiridos no proceso.

O primeiro elemento que nos atopamos nunha "Caza do tesouro" é a portada. Nela deberían aparecer os seguintes elementos:

  • O Título da WebQuest
  • Unha imaxe adecuada e atractiva
  • O área ou áreas á que vai dirixida
  • O nivel para o que é adecuada
  • O nome do autor da WQ
  • A dirección e-mail do autor
  • O acceso a todos os demais apartados: Introdución; Preguntas; Recursos; A Gran PreguntaAvaliación

Non debemos descuidar a presentación desta portada xa que é o primeiro elemento de contacto do alumnado co traballo que deberá realizar.