Saltar navegación

Que é unha webquest?

Actividades de investigación guiadaUnha webquest é unha estratexia didáctica que usa as TIC de xeito innovador.

As súas características principais son :

  • Son actividades de investigación ou busca guiada na que case todos os recursos empregados proveñen de internet.

  • Foi proposta polo profesor Bernie Dodge, da Universidade de San Diego, en 1995.

  • Son actividades colaborativas e de traballo en grupo.

  • Obrigan á utilización de habilidades cognitivas de alto nivel onde predomina a reflexión mental.

  • Dan prioridade á transformación da información e permítennos erradicar o "corta e pega" dos traballos do alumnado. Supón unha metodoloxía constructivista.

  • Teñen en conta o tempo do alumnado. Este non perde o tempo buscando ligazóns en internet, xa que se lle facilitan aquelas que debe visitar para atopar a información que precisa.

  • Os temas tratados deben ter sentido lóxico para o alumnado o que favorecerá que as tarefas propostas sexan motivadoras e interesantes, repercutindo na calidade dos resultados obtidos.

  • A metodoloxía aplicada no traballo con webquest é a mesma que empregamos no "traballo por proxectos", o alumnado é parte activa da construción da súa aprendizaxe.