Skip to Content

Néfele, a raíña das nubes

NÉFELE, A RAIÑA DAS NUBES

Hai un tempo, estiven no Planetario de A Coruña. Leváronme os meus tíos, el é astrónomo e traballa nun observatorio que é un edificio ou lugar no que os astrónomos observan os astros e recollen información sobre o espazo. Mesmo hai algúns que están dedicados a buscar vida  extraterrestre no espazo. Hai observatorios na terra e tamén no espazo.

No planetario vimos moitos planetas e estrelas e despois contáronnos a historia da deusa das nubes, Néfele. Era moi intelixente e responsable, sempre facía o seu deber, ocuparse das precipitacións, chuvia, neve, sarabia, ata que... un día un científico descubriu a súa existencia e dos seus poderes, polo que pasou moito tempo para construír unha nave que o levase ao ceo e atopar a Néfele. Tamén nos dixeron que tódalas noites se miramos as estrelas podemos ver unha constelación con forma da deusa Néfele.

Cando saín do planetario, non lembraba o final da historia do científico, pero non podía quitar da miña cabeza a deusa Néfele.

Antes de ir a durmir fun a habitación onde, o meu pai, ten o seu telescopio. Este instrumento foi inventado polo holandés Hans Lippershey, en 1608 e utilízase para observar as estrelas, os planetas e o universo. Un  ano despois, o italiano Galileo Galilei, utilizouno por primeira vez para observar e e estudar a lúa. Os seus estudos suxeriron que a terra se movía arredor do sol e non ao revés como se cría ata entón.

Como vos dicía, mirando polo telescopio puiden ver a figura dunha muller lanzando raios e chuvia, e como do ceo caía unha bola ardente, prateada, que se dirixía a toda velocidade ao parque que está fronte a miña casa.

Baixei e, ao lonxe, vin unha esfera relucente, cando cheguei ao lugar quedei impresionada. Do seu interior saía unha muller de pelo castaño e cun raio debuxado na fronte, non paraba de tremer, tiña frío. Ao seu carón había un cetro que con algo de medo recollín con coidado.

-Fai o favor de movelo de arriba a baixo- dixo a muller.

Segundo eu, ía movendo o cetro, ela, con voz tremente dicía:

-AÍNDA QUE SEXA VERÁN NEVE DO CEO CAERÁ.

Do ceo empezou a caer neve e como ela non deixaba de tremer de frío, movín o cetro facendo círculos e dixen:

AÍNDA QUE O INVERNO SE MANIFESTOU, O VERÁN REGRESOU.

A muller pechou os ollos e  quedou durmida

Parou de nevar e decidín levar a deusa Néfele, supoñía que era ela, a miña casa onde a escondería debaixo da cama. Non podía entrar con ela na casa, os meus pais veríana, así que, movendo de novo o cetro dixen:

A DEUSA DAS NUBES IRÁ, AO MEU CUARTO SEN PARAR 

Néfele empezou a voar sobre unha nube pero sen espertar do seu plácido sono.

Marchei correndo ao meu cuarto, agocheina e metinme na cama.

Ao día seguinte, levanteime rápido e comprobei  se Néfele seguía onde a deixa pola noite. Efectivamente, estaba tranquilamente durmida, así que aproveitei para prepararlle o almorzo. Cando fun a cociña pregunteime que comerían os deuses.

Había moitas cousas na despensa así que preparei unha boa cunca de leite e torradas .

Ao saír da cociña oín a voz de Néfele, parecía asustada. Cando cheguei tiven que contarlle o sucedido o día anterior, non se lembraba de nada. Ela díxome que tiña unha irmá xemelga, Néfere, que nacera despois dela, polo que o ser máis pequena non podía herdar o reino das nubes.

Néfere é egoísta e está tan enfadada que creou o reino do xeo e prometeu vingarse de Néfele arrebatándolle os seus poderes e desterrándoa das nubes.

-E que podo facer eu para axudarche?- preguntei-

Entregueille o cetro que gardara no armario e dirixímonos  ao balcón, levantándoo cara o ceo, abriuse un burato, do que  saíu unha nube que ven ata nós. Colléndome da man subimos nela, pechei os ollos  e notei que o meu corpo se movía, abrinos e vin un palacio moi grande e escuro e cunha nube enriba que lanzaba raios e tronos.

Para entrar, disfrazámonos de soldados, e atopamos a Néfele na Sala da Coroación onde estaba cos seus conselleiros, planeando conquistar o reino das neves, das estrelas e o máis importante de todos, o reino das estacións.

Néfele berroulle e intentou facer entrar en razón a súa irmá. Pero Néfele non a escoitaba. Eu díxenlle que os humanos preferiamos que un rei ou unha raíña, se ocupase dunha soa cousa, así o seu traballo sería máis doado, non deixarían de ter poderes e terían tempo para xogar, ler...

Néfele quedou calada, paseaba dun lado da sala a outro e ao cabo dun rato aceptou a miña proposta. Devolveulle os poderes e o palacio a súa irmá.

Volvín a casa enriba daquela nube tan suave, e prometéronme que algún día volveríamos a vernos.

Desde entón, todas as noites miro, co telescopio do meu pai, as estrelas, e podo ver dúas mulleres agarradas da man que sorrín e saúdan cara o meu balcón.  


                          
Autor: Nevarada



book | by Dr. Radut