Skip to Content

O pararraios

O PARARRAIOS

Ola! Son Benjamin Franklin, nacín en Boston en 1706 e falecín en 1790. Fun político e inventor. Un dos inventos máis coñecidos meus é o pararraios, pero tamén creei outros artefactos.

Nun día de tormenta, caeume un raio na cabeza, dende entón decidín inventar un obxecto que atraese os raios á terra onde non causarían ningún dano a ninguén.

Iniciei experimentos sobre a electricidade, defendín a hipótese de que as tormentas son un fenómeno eléctrico e propuxen un método efectivo para demostralo.

En 1752 publiquei un artigo onde propuxen a idea  de utilizar varas de aceiro en punta sobre os tellados das casas para protexelos da caída dos raios.

Cando estaba experimentando esta teoría cunha cometa todos se rían de min e dicían que estaba tolo, que non ía funcionar nunca, pero ao final funcionou. A este primeiro aparato chamouse “Pararraios Franklin”, na miña honra.

En Inglaterra e Francia ensaiouse esta teoría antes incluso de que eu mesmo executara o meu famoso experimento cunha cometa.  


Autor: Raios



book | by Dr. Radut