Skip to Content

A Lagoa de Antela

A lagoa de Antela

Lagoa de AntelaA lenda conta que antigamente no lugar que hoxe ocupa esta lagoa houbo unha cidade chamada Antioquía, coñecida porque os seus veciños carecían de calquera mostra de caridade.

A lenda narra que Deus quixo castigalos pero Xesús propuxo redimir aos máis xustos baixando á cidade en forma de mendigo. Percorreu así todas as casas pedindo esmola sen que ninguén se apiadase del.

Xa de volta, aflixido, e mentres estaba cruzando unha carballeira, viu unha casa habitada por unha muller anciá á que tamén lle pediu esmola. A muller ofreceulle unha cunca de leite e un anaco de bica e a súa camiña de farrapos para pasar a noite.

Á mañá seguinte, Xesús amosoulle á anciá o que fora da cidade de Antioquía. A muller quedou sorprendida ao ver que a cidade desaparecera e que no seu lugar había unha lagoa. Ninguén se salvara, agás ela...

Nas mañanciñas de San Xoán, co primeiro raio de sol, aínda se pode ver no fondo o campanario da igrexa. E na Noiteboa, ás doce en punto, óese o canto dos galos.

 


RECURSOS EDUCATIVOS


AdxuntoTamaño
lagoaantela.mp31.76 MB


book | by Dr. Radut