Skip to Content

Lendas de castañas

Lendas sobre a castaña

O castiñeiro é unha árbore que ten poderes benéficos e máxicos, é a árbore da prosperidade, aínda que a súa sombra dá mala sorte. Di a lenda, que ao cortares esta árbore sae o demo e que pode quitarche a vida se non se lle entrega un fillo ou filla.

É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ao ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón.

As castañas son tradicionais do día de Todos os Santos porque, segundo outra lenda, simbolizan a alma dos defuntos e cada unha que se come, tras estalar no lume, é un alma que se libera do purgatorio.

Tamén podemos ritualizar  este froito para que se converta nun amuleto protector para todo o ano; recolléndoas directamente do chan e colocándoas nalgún recipiente aireado na nosa casa. Se non podes recollelas ti mesmo como manda a tradición (do chan xunto ao castiñeiro, asegurándote que tocou a terra) podes compralas pero entón has de deixalas polo menos unhas horas sobre a terra, aínda que sexa dunha maceta.

As castañas débense levar no bolso ou nun peto e para ter sorte non teñen maiores requisitos que acariñalas de cando en vez. Son o símbolo dunha das árbores máis importantes dos Celtas e atraen a sorte a quen se conecta por medio do seu froito á árbore da prosperidade.

Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución.

Hai que recordar, sobre todo, a condición de que as castañas deben tocar a terra, estar en contacto directo con ela, para ter o seu valor máxico e non se esquecer de cumprir cun rito ineludible, ao ano seguinte, deberemos enterralas, devolvéndoas a onde pertencen. 


RECURSOS EDUCATIVOS


AdxuntoTamaño
lenda_castana.pdf225.94 KB


book | by Dr. Radut