Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Ed. Musical

Visita policial ao patio do colexio

Visita policial ao colexio

O martes 7 de maio, todo o alumnado do colexio, en diferentes quendas, tivo a oportunidade de vivir unha experiencia única: coñecer de preto o traballo da policía. Para iso, recibimos a visita dunha parella de axentes que nos amosaron os seus instrumentos de traballo e explicáronnos como é por dentro un coche patrulla.

Os nenos e nenas puideron poñerse as gorras e os chalecos reflectantes das axentes, sentirse como auténticos policías por un día. Pero o que lles gustou máis, sen dúbida, foi oírse polo altofalante do coche e facer soar a sirena da policía.

Esta visita foi unha forma lúdica e divertida de aprender sobre a labor da policía e de familiarizarnos coa súa presenza na comunidade. As axentes mostráronse moi próximos e amables cos nenos e nenas, que puideron resolver todas as súas dúbidas e curiosidades.

Desde o colexio queremos agradecer á parella de axentes a súa visita e a súa disposición para compartir connosco o seu traballo. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos.

RECICLANDO

reciclando

O 24 de xaneiro, nunha xornada divertida e educativa, o alumnado de Ed. Primaria do noso cole, tivo a oportunidade de mergullarse no fascinante mundo do coidado do medio ambiente grazas ao obradoiro levado a cabo na Aula de Psicomotricidade. A encargada de guialos nesta viaxe educativa foi Nuria, unha representante de Sogama, a Sociedade Galega do Medio Ambiente.
O obradoiro tivo como obxectivo principal ensinar aos nenos e nenas a importancia das "3 erres": Reducir, Reutilizar e Reciclar. Nuria, co seu entusiasmo contaxioso, logrou captar a atención dos cativos desde o primeiro momento, convertendo a actividade nunha experiencia inesquecíbel.
Os nenos e nenas participaron en dinámicas interactivas que lles permitiron comprender a necesidade de reducir o consumo de recursos, reutilizar obxectos en lugar de desbotar e reciclar para darlles unha nova vida. Cos materiais visuais e prácticos, foron descubrindo como cada quen pode contribuír ao coidado do noso  planeta.
Pero a aprendizaxe non se detivo aí. A parte máis emocionante do taller foi cando Nuria introduciu aos nenos no mundo máxico dos contedores. Descubriron as cores e símbolos que identifican a cada tipo de contedor e aprenderon cal é o lugar axeitado para depositar cada tipo de residuo.
Entendemos que é esencial que desde unha temperá idade os nenos e nenas adquiran conciencia ambiental. Queremos que se convertan en gardiáns do planeta, e este tipo de obradoiros permítelles comprender o seu papel crucial na preservación do medio ambiente.
A longo do curso o alumnado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro seguiu afondado no estudo da reciclaxe sendo o seu último paso verter os residuos no contedor correspondente para que os camións do lixo os poidan reciclar.

reciclando

OBRADOIRO. PRIMEIROS AUXILIOS.

primeiroa

O venres 3 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou o obradoiro de primeiros auxilios impartido por Mª de la Nieves González Rodríguez.

Esta actividade constou dunha parte teórica e outra práctica, na que todo o alumnado participou activamente na simulación de diferentes situacións de risco traballando os seguintes temas: primeiros auxilios nun accidente; actuacións no caso dun accidente; técnicas de RCP...

Seguimos realizando estes obradoiros con certa frecuencia para reforzar as aprendizaxes recibidas e afianzar a nosa actuación en caso de ser preciso nunha situación de risco real.

primeiros_fotos

Mochila viaxeira 2023/2024

Mochilas Viaxeiras e "Libros que van e veñen" Continúan Fomentando a Lectura

No curso escolar 2023/2024, o noso centro educativo reviviu a emocionante tradición das Mochilas Viaxeiras, cun total de 12 mochilas en circulación, representando dúas por clase. Ademais, continuamos co exitoso programa "Libros que van e veñen" en Educación Infantil, proporcionando aos nosos alumnos e alumnas unha experiencia única de lectura compartida.

Cada mochila viaxeira permite aos estudantes levar a casa un tesouro literario por unha semana, para compartir con súas familias. O contido destas mochilas foi coidadosamente seleccionado polo profesorado titor, supervisado pola biblioteca da escola, e ofrece unha ampla variedade de textos e formatos en galego e castelán, para que o alumnado poida escoller ao seu gusto.

Unha característica especial de cada mochila é o "Diario da Mochila", nel os nenos e nenas, e as súas familias, poden compartir as súas opinións, creacións, debuxos e suxestións sobre o contido dos libros e a súa experiencia de lectura en familia.

Para a maioría das nosas familias, esta actividade resulta ser unha experiencia moi divertida que axuda a fortalecer os lazos entre pais e fillos e enriquece a experiencia de lectura de todos e todas as participantes.

A continuación, presentamos unha mostra do traballo realizado polo noso alumnado nas súas casas, demostrando o seu compromiso co mundo da lectura e a súa creatividade na expresión artística.

Estamos encantados de ver como as Mochilas Viaxeiras e o programa "Libros que van e veñen" seguen a facer da lectura unha parte fundamental da vida dos nosos estudantes e das súas familias.

Animamos a todos a seguir participando activamente nesta marabillosa aventura literaria.

Libros que van e veñen en Ed. Infantil
 ligazón
Mochila de 1º de EP Mochila de 2º de EP
 
Mochila de 3º EP Mochila de 4º EP
 
Mochila de 5º EP Mochila en 6º de EP
mochilas Mochilas_6EP

 

 

Libros que van e veñen 2023/2024

Mochilas de Contos para Nenos e nenas de Ed. Infantil

A partir do mes de setembro, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a oportunidade emocionante de levar a casa as súas mochilas especiais de contos todos os venres. Cada mochila inclúe un conto encantador e un caderno para debuxar baseado na historia.

Esta iniciativa, chamada "Libros que van e veñen", permite que o alumnado comparta experiencias literarias únicas coa súa familia e tamén coñezan un pouco máis sobre o mundo da escritura e a arte do debuxo. A idea é simple: os nenos e nenas levan unha mochila a casa, desfrutan dun conto durante o fin de semana e fan un debuxo sobre a historia no caderno proporcionado.

O proceso é o seguinte: as mochilas deben ser devoltas os martes ou mércores da semana seguinte, cando se cambiarán os contos. Durante a semana, revisamos os cadernos cos debuxos feitos na casa. Os nenos e nenas teñen a oportunidade de compartir os seus debuxos co grupo e contar o que máis lles gustou do conto.

Esta iniciativa busca fomentar a paixón pola lectura e a creatividade desde idades temperás, ao mesmo tempo que fortalece os lazos entre o fogar e a escola. Estamos entusiasmados por ver a creatividade dos nosos pequenos artistas e o seu entusiasmo polos contos.

Agradecemos a colaboración dos pais e dos encargados no fomento desta nova aventura literaria. Estamos seguros de que "Libros que van e veñen" é unha experiencia enriquecedora para todos e todas.

Libros que veñen e van.
4º Ed. Infantil 5º Ed. Infantil 6º Ed. Infantil
Libros_4EI Libros_5EI Libros_6EI

O ladrón de palabras

Pola noite, cando a lúa alumea o camiño, o ladrón de palabras sae con todo o seu equipo e diríxese á cidade. Alí, rastreando as voces e as luces, sen que ninguén o vexa, trepa polos tellados. Comeza a  colleita... Unha historia sobre a beleza das palabras e o seu valor para comunicarse co mundo, para sementar amizades, para amar.

Aproveitamos  esta marabillosa historia de Nathalie Minne para traballar a lectura,  a comprensión, o léxico, gramática, ortografía e outros aspectos da lingua  c@s niñ@s de diferentes idades na aula de PT.

OBXECTIVOS:

  • Impulsar o gusto pola lectura favorecendo a imaxinación.
  • Xogar a comprensión lectora coa interpretación de textos e imaxes.
  • Desenvolver a expresión escrita coa elaboración de palabras, frases, historias…
  • Enriquecer o vocabulario.
  • Traballar campos semánticos e familia de palabras.
  • Practicar a ortografía con norma e arbitraria.
  • Traballar a gramática a través dos símbolos de Montessori.
  • Favorecer valores de amor e amizade.

ACTIVIDADES:

  • Un neno de 6º contoulle o conto aos compañeiros de 1º, 2º y 3º na biblioteca. 
  • A partir da lectura e comprensión do conto do ladrón de palabras construímos a cabana do personaxe do conto. Alí os nenos irán metendo as palabras coas que estamos traballando. 
  • Melloramos a léxico traballando con palabras relacionadas coas emocións (palabras tristes, alegres, de amor, medo, rabia…)
  • O ladrón tamén precisa familia de palabras, campos semánticos.
  • Cada día ladrón quere unha categoría gramatical utilizando os símbolos de Montessori: nomes, determinantes, adxectivos, verbos...
  • Construímos frases e oracións cos símbolos: artigo-nome, artigo-nome-adxectivo, artigo-nome-preposición-nome-verbo-adxectivo…(ver actividades de gramática Montessori)
  • Coas palabras que os nenos van metendo na cabana do ladrón realizamos actividades diferentes: sacar unha palabra e construír unha oración. Clasificamos palabras (alegres, tristes, de rabia, de medo…) e escribímolas nos botes onde correspondan.
  • O ladrón precisa palabras con B/V, Z/C, C/QU, G/GU, X/LL/Ñ, G/J… traballamos cos fonemas nos que o noso alumnado teña máis dificultade.
  • Agora sacamos dúas palabras e temos que narrar unha pequena historia (Binomio de Rodari) 

DIVERSIDADE FUNCIONAL

diversidade

Hoxe 29 de abril de 2024 a asociación LIMISI realizou co alumnado de 5º e 6 curso do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro o obradoiro titulado “diversidade funcional” na que puideron traballar e experimentar a través de diferentes actividades as dificultades que teñen as persoas para realizar diversas accións e como, moitos deles, sufriron acoso escolar nos centros educativos.

A segunda parte do obradoiro consistiu no traballo das emocións antes as diversas situacións que lles ensinaron a través de dúas curtas e un vídeo na que se poidan escoitar as experiencias negativas dos usuarios de LIMISI.

Pero que é LIMISI? É unha asociación para a promoción de persoas con diversidade funcional, integrada por pais, nais, familiares, amigos e persoas con discapacidade intelectual que comeza a súa andaina en novembro do 2002.

O fin prioritario é mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, potenciando o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, actuando directamente no ámbito das súas competencias. É a busca e consecución da plena integración, velando pola salvagarda dos seus dereitos en todos os aspectos da vida: educativos, formativos, psicolóxicos, legais, laborais, recreativos, deportivos, etc; mediante o apoio a estas persoas e ás súas familias e a sensibilización da sociedade.

https://limisi.org/

divesidade_fotos

GRAVANDO AUDIOLIBROS

audiolibros

O club de lectura de 5º de Educación Primaria (Sueriños) gravou diferentes libros en formato audio para que os compañeiros e compañeiras que aínda non teñen acceso á lectura poidan desfrutar do pracer e das emocións que produce ler un libro.
O creación e o uso dos audiolibros ten os seguintes beneficios para o noso alumnado:   
1. Mellorou a pronuncia e a fluidez do alumando.
2. Axudou a mellorar a xestión do tempo.
3. Desenvolveu habilidades de escoita crítica.
4. Mellora o enfoque e a capacidade de atención.
5. Mellora a memoria.
6. Desenvolve o pensamento crítico e mellora as habilidades de comprensión.
7. Axuda a desenvolver a empatía.
8. Potencia a nosa saúde mental.
9. Desenvolve todas as competencias clave.

Os libros seleccionados para a súa gravación foron os seguintes:

1.    Mi nombre es Skywalker de Agustín Fernández Paz da Editorial SM.
2.    Los hombres no pegan de Betriz Moncó da Editorial Bellaterra.
3.    Delfines amigos de Mary Pope Osborne da Editorial SM.
4.    O destino de Kameko de Abel Alves e Jorge Campos da Editorial Aira.
5.    La puerta secreta del Museo del Prado de José María Plaza da Editorial Edebé.
6.    Lobo Ramón de María Canosa Blanco da Editorial Obradoiro.
7.    O destino de Kameko de Abel Albe e Jorge Campos da Editorial Aira.

 audiolibros

 

A MIÑA AMIGA INVISIBLE

AMIGA

O Club de Lectura de 4º de EP do CEIP Manuel Sueiro realizou un novo concurso de animación á Lectura inspirado no libro “ A miña amiga invisible “de Eduardo Santiago.

Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que, no canto de criar abellas, semella poñer trampas para apreixar fadas. A nova escola tampouco é como esperaba, tendo que soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto (e por ser máis intelixente que todos eles). Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.

Durante a realización do concurso, animouse aos lectores a expresar a súa comprensión e valoración do libro. Para o desenvolvemento do concurso, realizamos catro equipos dentro da aula que traballaron de xeito cooperativo para ser quen de responder ás preguntas que o bombo da lotería lles ía adxudicando de forma aleatoria.

O concurso ofreceulles, a todos, un agasallo pola súa participación; ao equipo gañador, ademais, un exemplar do próximo libro a traballar no club de lectura. Recibiron estes agasallos para fomentar a participación e recoñecer o seu esforzo.

amiga_fotos

PROGRAMA DE EDUCACIÓN CÍVICO TRIBUARIA. AXENCIA TRIBUTARIA.

hacienda

O luns 15 de abril de 2024 dúas técnicas, Belén e Marisol, ambas funcionarias da Axencia Tributaria do Ministerio de Facenda visitaron o noso centro para explicarlle ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 5º de Educación Primaria a importancia dos impostos para ter una sociedade máis xusta.
Nesta sesión traballouse o seguinte:

1 Obxectivos

  • Identificar os distintos bens e servizos públicos.
  • Interiorizar as actitudes de respecto polo que é público e, por tanto, financiado co esforzo de todos e utilizado en beneficio común.
  • Coñecer que existe unha correlación entre o gasto e o ingreso público (o Orzamento público).

2 Contidos

  • 2.1 Os ingresos públicos: os impostos 
  • 2.2 Os gastos públicos
  • 2.2.1 Distribución funcional do gasto público
  • 2.2.2 Función redistributiva do gasto público 2.3 O orzamento público.

 

facenda_fotos

Documentación usada na presentación.
PP
Pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut