Skip to Content

3º Curso

Degustación de produtos da nosa horta escolar

O 23 de maio realizamos unha merenda saudable a base de produtos recollidos na nosa horta escolar, e na que participou todo o alumnado e profesorado do centro.

Como a colleita está sendo moi boa, debido aos coidados cos que mantemos a nosa horta, en breves, seguro que realizamos outra merenda con máis variedade de produtos.

Estaba todo boísimo!!

7 reporteiros e un periódico

No último trimestre, no Club de lectura de 3º de Ed. Primaria traballamos co libro "Siete reporteros y un periódico" de Pilar Lozano Carbayo.

Alejandro, un rapaz de once años, quere  dirixir un xornal na súa escola. O problema radica en que non ten reporteiros ni diñeiro para poñelo en marcha...
Unha historia sobre a forza de vontade e a superación de dificultades.

Coma en anteriores ocasións, unha vez rematada a lectura do libro realizamos un concurso de animación á lectura do que podedes ver as imaxes na seguinte galería.

Iniciación ao golf

O venres 19 de maio de 2023, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro “Iniciación ao Golf” nas instalacións do Real Montealegre Club de Golf no concello de Pereiro de Aguiar en Ourense. Esta actividade está encadrada dentro do programa PVDA e dentro dela dentro do programa XOGADE.

A actividade estivo dividida en dúas sesións. A primeira delas consistiu nunha pequena charla na que explicaron cales son os conceptos básicos e as normas de seguridade. E comezamos  a xogar co golpeo longo. Unha vez que xa coñecemos como facelo subimos nos carriños de golf e fomos vendo os 18 buracos dos que está composto o Real Montealegre Club de Golf. Para rematar estivemos practicando o golpeo corto ou pich&putt.


A actividade rematou merendando na cafetería do Real Montealegre Club de Golf.

A experiencia é  inesquecible, as instalacións magníficas e a atención impresionante... xa estamos agardando regresar para xogar nestas marabillosas instalacións.  

Clubs de lectura do curso 2022/2023

O funcionamento do club de lectura no centro, no curso 2022/2023, funcionou como paraugas de varios clubs que xa viñan funcionando de anos anteriores en distintos cursos, e tivo como finalidade espertar e realzar o gusto e o pracer por ler en tempos de lecer.

Nas seguintes ligazóns reflectiremos o traballo desenvolvido nos clubs de lectura do noso centro:

Novo club de lectura de 1º ciclo
Club de lectura de 3º de EP Club de lectura de 4º de EP
Club de lectura de 5º de EP Club de lectura de 6º de EP

Día de Europa

Galicia é Europa!!!

O Día de Europa ten lugar cada 9 de maio. Neste día celebramos os logros e a unidade en Europa.

Dendo o noso centro animamos ao noso alumnado a coñecer Europa e a investigar sobre a presenza de Galicia nas institucións da Unión Europea. Tendo como referencia a Fundación Galicia Europa (FGE), entidade que ten como fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa.

Ti si que es un bo peixe

O 11 de maio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, participou na actividade “Ti si que es un bo peixe” na que realizamos a visita a Vigo.

As actividades de hoxe realizáronse no porto de Vigo e puidemos ver os halcóns que usa o porto de Vigo para controlar a poboación de gaivotas, visitar á cetárea López Nóvoa na que nos ensinaron diferentes tipos de marisco como lumbrigantes, centolas, lagostas,... e a Frigoríficos de Vigo onde vimos como se corta o peixe e as cámaras para a súa conservación.

Despois dun pequeno descanso fixeron dúas visitas moi interesantes a visita ao Observatorio Submarino Nautilus na que puidemos observar como se investiga sobre a poboación mariña e a visita ao Buque Hidra II, barco e vapor que se atopa atracado no porto de Vigo.

Unha vez rematadas ás visitas tocou o xantar desprazándonos ao mercado do Berbés na que nos deron unha merenda mariñeira composta por: pescada rebozada, ensalada de pasta con mexillóns e iogur.

Antes de regresar á derradeira visita tocou descansar e xogar un pouco no parque de xogos do Bebés. A última visita foi á poxa de marisco.

Despois dun día tan longo e de ver unha gran cantidade de empresas relacionados co mar, toca a hora  de regresar ao colexio...

Estamos desexando volver a vervos e repetir o obradoiro... moitas grazas polo día de hoxe.

Garvanciño, come saniño

O 4 de maio realizamos un obradoiro de nutrición na aula de psicomotricidade en colaboración coa área sanitaria de Ourense do Servizo Galego de Saúde destinado ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.

Dun xeito lúdico, aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de nutrientes que necesitamos na nosa dieta diaria para posteriormente ser quen de elaborar un prato saudable que contivese todos eses nutrientes.

Para rematar, realizamos un xogo no patio do cole que nos axudou a repasar o nome dos diferentes alimentos saudables que debemos incluír na nosa dieta.

Horta escolar de 2º ciclo de educación primaria

Obradoiro de Saúde bocudental

O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental,  no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.

Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo.

Apadriñamento lector. Día do libro 2023

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia volveu a ser moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lles ían contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut