Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS

OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMANDO AO CONSELLO ESCOLAR

CIRCULAR INFORMATIVA

 

Mañá día 29, martes, en horario de 9:00 a 10:00 e de 15:15 a 17:15 horas, celébrase neste

Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no

Consello Escolar do Colexio.

Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na convocatoria, procederase da seguinte

forma:

 

1º.- Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que

figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral, tras a súa exposición pública

regulamentaria.

Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai ou titor ou titora legal, podendo votar tamén

só un deles.

 

2º.- Modo de emitir o voto.

a) O voto será directo, secreto e non delegable.

 

b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados

pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

 

c) Nas referidas papeletas figurará o nome das catro candidaturas presentadas, podendo marcar

un máximo de dúas candidaturas e debendo acreditar as persoas votantes a súa identidade

mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

 

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez

realizado, levantarase a correspondente acta.

 

 

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen

na votación de mañá martes, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro.



page | by Dr. Radut