Skip to Content

Actividades extraescolares

ENTROIDO 2024

Este venres, 9 de febreiro, celebramos o Entroido todxs xuntxs no cole. Comemos lambonadas típicas deste tempo e para baixar tanta caloria, fomos bailar e disfrutar desta tradición tan querida. Por mor do mal tempo houbo que suspender o desfile polas rúas do Arrabal e as familias non poideron asistir. Quedamos no pavillón e aquí tedes unhas fotos para o recordo.

Álbum: CURSO 2023-24 -> ENTROIDO 2024

XORNADAS DE ATLETISMO ESCOLAR

O pasado mércores o alumnado de 5º de primaria acudiu a unha xornada de atletismo escolar. Estaban organizadas dende a Diputación de Pontevedra e a través do programa XOGADA, no cal participa o noso cole. Alí estábamos colexios de todo o Baixo Miño e con moitos deles xa coincidíramos na carreira de campo a través. Carreiras, saltos e lanzamentos foron as disciplinas nas que participamos e podemos decir que fomos máis rápidos, saltamos máis alto e lanzamos máis forte. Foi toda unha experiencia coñecer a nenos e nenas doutros coles e compartir con eles esta xornada. Esperamos repetir.

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Atletismo 5º

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22-23

 

A continuación amósase a oferta de actividades extraescolares para este curso.

Clica nas iconas laranxas para obter máis información dalgunhas actividades ofertadas.

 

           

O prazo de entrega no centro da seguinte solicitude será ata o 23 SETEMBRO.

 

XORNADA DEPORTIVA CO CLUB CICLISMO OIENSE

REMATAMOS O TRIMESTRE CUNHA ESTUPENDA XORNADA DE CICLISMO. ASER ESTÉVEZ FOI O ENCARGADO DA ACTIVIDADE NA QUE REALIZAMOS UN CIRCUITO E PRACTICAMOS DISTINTAS HABILIDADES SOBRE A BICI.

ACTUALIZACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021_2022

2ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Aquelas familias que queiran anotarse nalgunha das actividades extraescolares anteriormente sinaladas nesta segunda oportunidade deberán deixar un comentario nesta publicación.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 21_22

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 21_22

Está é a proposta de actividades extraescolares ofertada para o presente curso. As distintas actividades organizaranse en función da demanda realizada a través deste formulario que foi entregado ao alumnado e debe ser cuberto e devolto ata o

venres 24 de setembro.

 

A maiores destas actividades, e á marxe do centro, seguiranse desenvolvendo actividades do clube de tenis e de fútbol de xeito similar ós outros anos.

ESCALADA EN OIA

Como remate ao curso de Educación Física o alumnado de extraescolar de BOULDER, acompañado polas familias e os profes, subiu aos montes da Valga para iniciarse na escalada en rocha.

A actividade fixérona no sector de escalada de Oia chamado o MONASTERIO, unha parede ideal para a iniciación nos deportes da montaña e con unhas vistas impresionantes da costa oiense. Accedemos a estas paredes dende o Curro da Valga onde deixamos os coches, camiñando uns 15 minutos chegamos ao sector e comezamos a instalar as cordas e os seguros para facer as prácticas de escalada. As vías que escalamos están na parte central do muro e se chaman "Perros Voladores" e "A Gárgola"; asequibles pero algo técnicas e coa suficiente altura para as nosas intencións.

Foi unha xornada estupenda onde escalamos e compartimos momentos intensos alumnas e alumnos, pais e profes. Seguro que é a primeira de moitas máis xornadas de actividades na Natureza. Vémonos polas montañas, bo verán!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut