Skip to Content

Actividades extraescolares

SAÍDA A A CORUÑA DO 3º CICLO

 

  
   

 

 



 

 

 

 

Aquí vos deixo a crónica que fixeron  Yago Caeiro e Anxo Teruel, dous alumnos de 6º, sobre a viaxe.

 

O mércores 23, os alumnos e as alumnas do terceiro ciclo fomos de excursión a A Coruña.

Sobre as 8:30, o autobús recolleunos no colexio aos nenos e ás nenas que vivinos no centro do concello de  Oia, e aos outros compañeiros e compañeiras, fómolos recollendo polas súas respectivas paradas. A viaxe durou máis ou menos 2h 30min.

O autobús deixounos preto do “MUNCYT” (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía); sacamos algunhas fotos e entramos. Alí, deixamos as mochilas e dividímonos en  dous grupos.

Vimos distintas cousas: a parte dianteira dun avión  “Boeing 747”, un ordenador, unha locomotora, un dos primeiros coches que se empezaron a facer en serio e robots; tamén fixemos un taller sobre a flotación da auga.

Ao rematar, sobre as 13:30, fomos para a sala de pícnic a xantar.

Posteriormente xogamos nun parque, mentres os profesores comían nun bar ao lado. Cando acabaron visitamos a torre de Hércules .

Sacamos fotos; o profesor Alex contounos información da torre de Hércules e vímola.

Algúns compañeiros  mercaron unha pequena torre de Hércules de recordo.

Despois fomos a praza “María Pita”. Alí estaba o enorme concello de A Coruña. Demos un paseo e estivemos algún tempo xogando no parque.

O autobús recolleunos e polo camiño o condutor púxonos a película “ICE AGE 4”.

Á chegada fomos deixando aos compañeiros/as nas súas respectivas paradas.

 

Esta foi a nosa excursión a A Coruña.

 

 

 

     
               

VIAXE A A CORUÑA on PhotoPeach 

VIAXE A A CORUÑA on PhotoPeach 

PLANTACIÓN CURSO 2013 - 2014

 

 

  
   

 

 




 

 

 

Un obxectivo fundamental na educación, no noso cole, é sensibilizar ao noso alumnado coa necesidade de respectar e conservar o noso medio natural; por iso, todos os anos participamos na plantación de árbores, organizada pola comunidade de montes do noso concello.

Os nosos alumnos e alumnas disfrutaron moito con esta actividade, mirade como se implicaron.


 

 

 

 

 

 

     
               

 

Plantación. Infantil e 1º Ciclo on PhotoPeach 

Plantación 2º e 3º Ciclo on PhotoPeach 

Plantación. 2º e 3º Ciclo.. on PhotoPeach 

FIN DE CURSO

.

FELICES VACACIÓNS

APADRIÑAMENTO LECTOR 2012

O mércores 13 de xuño a hora de lectura fíxose moi distinta. Cada neno ou nena dos maiores apadriñaron a un neno ou nena dos pequenos. Foron a buscalo a súa clase , o levaron ao patio (case todos estaban tumbados no campo de fútbol) e alí léronlles contos que previamente colleron na biblioteca. É a segunda vez que se fai esta experiencia e todos estamos de acordo que foi moi agradable e positiva.

XORNADA DE XOGOS POPULARES 2012 (Se non se pode ver esta páxina debedes de entrar por Mozilla Firefox)

O venres 25 de maio celebrouse no colexio unha xornada de xogos populares na que participaron os nenos e nenas do colexio.

Como outros anos fixéronse 12 grupos de nenos e nenas mesturando diferentes idades demostrando que saben xogar e divertirse todos xuntos. Ao final recibiron uns pequenos regalos.

Mais fotos

   
   

 

FOTOS DA PLANTACIÓN NA VALGA

PLANTACIÓN NA VALGA on PhotoPeach

PLANTACIÓN DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL E 1º CICLO

ESTE MARTES 6 DE MARZO OS NENOS E NENAS DE INFANTIL E 1º CICLO DO COLEXIO FORON A MOUGÁS A PLANTAR 40 ÁRBORES. CANDO CHEGARON XA ESTABAN OS BURACOS FEITOS E ELES RAPIDAMENTE PUXÉRONSE A PLANTAR DESPOIS DE TOMAR O BOCADILLO. O TRABALLO FOI TAN DURO QUE ALGÚN QUEDOUSE DORMIDO NO AUTOBÚS NO CAMIÑO DE VOLTA.

Atendendo á explicación Contentos co traballo feito

 


PLANTACIÓN NA VALGA DOS NENOS E NENAS DO 2º E 3º CICLO

O MARTES 14 DE FEBREIRO OS NENOS E NENAS DO SEGUNDO E TERCER CICLO FORON, COMO TODOS OS ANOS ANTERIORES, Á VALGA A PLANTAR ÁRBORES AUTÓCTONOS. ESTA É UNHA ACTIVIDADE COA QUE TODOS OS NENOS E NENAS DISFRUTAN E DANSE DE CONTA DA IMPORTANCIA DE PROTEXER OS NOSOS BOSQUES.

 

Preparándose para traballar Traballando duramente

 

Distribuir contido


by Dr. Radut