Skip to Content

podcast

Programa "Alucine!"

RADIO ARRABAL

Programa "Alucine!"

Aquí chega o primeiro programa elaborado polo alumnado de 5º de primaria!

Temática: cine!

Dalle click ao play e alucina con... Radio Arrabal!

 

CHEGOU O VERÁN

Último programa deste curso e o alumnado de 6º lle pasa o relevo ao de 5º para que sexan eles os que sigan coa radio o curso que ven. Os podcast de hoxe veñen con moita música, recomendacións para facer turismo no verán e estar en compañía de bos amigos. Disfrutadeo, pasadeo ben nas vacacións e non deixedes de escoitar a RADIO ARRABAL.

ADEEEEEUUUUUSSS!!!!

 

PODCAST 10-6-2022

Hoxe dende os novos estudos da RADIO ARRABAL emitimos un programa cargadiño de novas e información. Teremos recomendacións lectoras, letras galegas (Florencio Delgado Gurriarán), más que coches e unha maravillosa receita de cociña. Todo acompañado dun pouco de publicidade que fixeron os nenos de 5º. Esperamos que vos guste. Adiante coa radio!!!

 

PODCAST 3-6-2022

Coñecedes contos que sucedan en Oia? Coñecedes contos escritos e narrados polos nenos e nenas do colexio? Pois darlle a "play" no arquivo sonoro e escoitaredes un estupendo podcast das nenas e nenos de 4º de primaria. Grazas amigxs!!!

 

PODCAST 27-5-2022

A cousa está que arde, non paramos de facer actividades no cole: bici, circo, excursións, múica, teatro...E os nosos locutores da RADIO ARRABAL non se andan con monadas, siguen traballando a reo para que tódolos venres se emita un novo programa de podcast. Disfrutadeo!!!

PODCAST 20-5-2022

Xa é venres de radio, hoxe cunha nova entrega de podcast feitos polo alumnado de 5º e 6º. Disfruta destes estupendos audios da RADIO ARRABAL. Gústache a lectura? Es un "friki" dos videoxogos? Ou pode que che guste a cociña e os seu segredos? Acertaches, os podcast van de LER E CRECER, VIDEOXOGOS e MASTERCHEF!!!

PODCAST 13-5-2022

Este venres de radio o alumnado de 2º de primaria sorprendeunos cun podcast marabilloso. Na clase de galego estiveron preparando os textos e no estudio da RADIO ARRABAL gravaron as voces e a música. Non deixes de escoitalos son o COLMO!!! Adiante coa radio...

✓ 20 CHISTES DE COLMOS muy buenos (¿Cuál es el colmo de...?)

NOVOS PROGRAMAS DA RADIO ARRABAL

NOVOS programas da RADIO ARRABAL, en formato de PODCAST, coas SECCIÓNS de máis éxito, con novos EQUIPOS DE TRABALLO e sempre co MÁXIMO INTERÉS E ACTUALIDADE. Non deixes de escoitar a radio. ADIÁNTE!

Nos arquivos adxuntos escoitarás algúns pódcast feitos polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

Vibrando con Xela

"Vibrando con Xela" é unha canción realizada polos alumnxs de 5º de Ed. Primaria do CEIP Mestre Manuel García (Oia) para presentar aos III Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera Pérez , "O Vello dos contos". Maio 2021.

Aquí tedes a letra para cantala. Que a música non pare!!!!

 

"Curiosidade espacial" - II CONCURSO PODCASTS BIBLIOTECAS ESCOLARES

https://static.vecteezy.com/system/resources/previews/000/834/442/non_2x/astronaut-with-a-spaceship-vector.jpg

 

"Curiosidade espacial" é unha expedición sónica dos alumanos e alumnas de 4º curso do CEIP Mestre Manuel García de Oia onde viaxan ao espazo exterior en busca de inspiración e aventuras. Alí atopan as palabras e historietas de Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado do Día das letras Galegas do ano 2020.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut