Skip to Content

COMEDOR

MENÚ XANEIRO 2024

Queridos pais/nais: Lembrámoslle que esta previsión pode estar suxeita a modificacións por razóns imprevistas ou para os casos cos alumnos que sofren

intolerancias alimentarias. Así como que o pagamento do comedor debe efectuarse nos cinco primeiros días de cada mes .

Podedes consultar toda a información do comedor napáxina web do colexio: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestremanuelgarcia/

        

CHARLA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

AGRADECER A NATALIA, DE NUTRICOLES, E A TODO O SEU EQUIPO, A INFORMACIÓN TRANSMITIDA NA CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE. MOI INTERESANTE PARA TER EN CONTA, TANTO NO COMEDOR ESCOLAR COMA NAS CASAS DO NOSO ALUMNADO.

  

    

GRAZAS TAMÉN A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA PRESENZA E PARTICIPACIÓN. NESTE LINK PODEDES DEIXAR UNHA RESEÑA OU OPINIÓN SOBRE A CHARLA RECIBIDA https://g.page/r/CSa_rGdP-SD9EBM/review

 

TAMÉN PODEDES SUSCRIBIRVOS E RECIBIR INFORMACIÓN DE NUTRICOLES NO SEGUINTE ENLACE https://www.nutricoles.com/formaciones-nutricoles

 

DEIXÁMOSVOS A PRESENTACIÓN PROXECTADA E A GUÍA DE ALMENTACIÓN. 

                               

 

XESTIÓN DO COMEDOR ESCOLAR curso 23/24

XESTIÓN DO COMEDOR ESCOLAR 23/24

O comedor escolar do CEIP Mestre Manuel García é un comedor de xestión directa, o que significa que toda a parte de dirección, coordinación, xestión económica e de organización corre a cargo da dirección do centro, Ana Belén Garcés, e dunha persoa encargada, María del Carmen Rodríguez Estévez, membro da comunidade educativa.

Aclarar que este SERVIZO É COMPLEMENTARIO e, polo tanto, VOLUNTARIO.

                                                -------------------------------------------

O número máximo autorizado de prazas diarias é de 177 entre alumnado e adultos (persoal de cociña, dirección, encargado, persoal colabrador, persoal coidador e profesorado). A Consellería aporta unha beca económica por cada comensal/día que ingresa ao centro trimestralmente.Así mesmo, o persoal colaborador de atención ao alumnado autorizado é de 8 integrantes, sendo postos ao que teñen acceso tódolos membros da comunidade educativa.

                                                -------------------------------------------

A beca de comedor que envía a Xunta foi actualizada en dúas ocasións neste curso sendo o importe actual de 2,49€/día por cada alumno e 2,87/día por cada adulto. Esta contía vai destinada, ademáis de mercar os alimentos e productos para a elaboracións dos menús, para reposición de menaxe, materiais de uso diario (manteis, servilletas), productos de limpeza, reparacións de electrodomésticos  e renovación de equipamentos, suministro de propano, uniformes do persoal de cociña e colaborador, traballos de empresas (laboratorio e xestoría) así como algunhas reformas e melloras das instalación do comedor.

Este importe é independiente do que lle corresponda pagar por renda a cada familia. Os importes a abonar poden ser de 1€, 2,50€ ou 4,50€/día. O centro, na aplicación COMEDORES, rexistra e xera os recibos correspondentes. Os pagamentos que cada usuario realiza son recaudados pola Consellería, non polo centro.                                                                            

                                                 -------------------------------------------

No relativo á cociña, contamos con Isabel Martínez como coniñeira e Mª Carmen Barguiela como axudante de cociña, que se encargan de elaborar diariamente o menú ademáis doutras labores complementarias como limpeza de cociña e comedor, recepción e colocación de mercadorías, control de frigoríficos…

                                                 -------------------------------------------

Os menús que se elaboran son equilibrados e saúdables, respectando sempre a calidade dos produtos, e están deseñados tendo en conta diferentes factores: presuposto enviado pola Consellería, adecuación ás idades dos comensais, ao personal dispoñible en cociña, ás alerxias/intolerancias alimentarias e a dispoñibilidade de reparto dos proveedores, entre outros.

As cantidades recomendadas segundo as idades é outro factor que temos en conta; tásase en 3 rangos (ed. infantil / 1º, 2º e 3º / 4º, 5º e 6º) tomando coma referencia ao alumnado de maior idade.

Na páxina da xunta hai propostas de menús mois similares as que empregamos no noso comedor así como documentos complementarios de cantidades.

Tal e como indican as instruccións da Xunta, a comida sobrante, recollida polos Servizos Sociais do Concello, repártese entre persoas da contorna en risco de exclusión social. 

Atendendo á nosa situación xeográfica, e tendo en conta ás necesidades deste comedor, procuramos mercar en establecementos locais e da nosa contorna. Os proveedores habituais son Comercial Blanco, Avícola Moreiras, panadería Sindo, Garfo distribuciones, carnes O Rosal, Ekomax, Eroski, Algama distribuciones, Disgobe, Defren, Exclusivas Carlac, Elmar Frozen Food, Quimicel,Carrefour, Lidl , Mercadona, Nahomar, Servifagor, construcciones Alonso Oia …

                                                 -------------------------------------------

Calquera familia usuaria que estea en desacordo con esta xestión pode presentar reclamación por escrito no centro; ésta derivarase ao Servizo de Comedores Escolares de Pontevedra.

                      

COMEDOR ESOCOLAR: MENÚ NOVEMBRO

                             

 

 

COMEDOR ESOCOLAR: MENÚ NOVEMBRO

                             

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut