Skip to Content

Actividades extraescolares

Xa somos SOCIOS do RAEE dos Bolechas

"RAEE" significa Reciclaxe de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. O mércores 13 de febreiro tivemos unha charla dun chico chamado Atomillo. Viunos explicar a 3º, 4º e 5º como reciclar os aparellos electrónicos e eléctricos.

Estes aparellos non se poden tirar nun contedor normal, hai que levalos ao punto limpo porque os residuos son moi contaminantes.

Traía a Ecocarlos, un boneco dos bolechas que lle axudaba. Ao final deunos uns libros, pegatinas e carné de socio.

Agora xo somos socios para mellorar o medio ambiente.

 

VISITA DE ALESIA KURCHANCOVA

A xogadora do Atlético Guardés, Alesia Kurchancova, visitounos hoxe na clase de Educación Física.

Esta xogadora que exerce de lateral no equipo guardés de 1ª división, veu como madriña da carreira que se celebrará o domingo entre Oia e A Guarda.

A presentación desta carreira, 15K do Atlántico-Banco Mediolanum, foi no noso colexio e acudiron o alcalde de A Guarda e alcaldesa de Oia xunto con diversas personalidades do deporte.

Compartimos con Alesia unha charla moi enriquecedora. Contounos como foron os seus comezos no balonmán e como chegou ao equipo guardés. A continuación o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria fixéronlle moitísimas preguntas sobre a súa vida deportiva e persoal. Para rematar non nos poidemos resistir a pedirlle un autógrafo e desexarlle o mellor para esta temporada.

 

COMEZO DE CURSO 2018/2019

Parece que foi onte cando marchamos de vacacións veraniegas e xa estamos de volta.

Comezamos este novo curso, adicado á arte, coa proxección dunhas xeniales películas de cine.

Moito ánimo e sorte para todos e todas!

FLIX no cole de Oia

Flix estivo no noso cole e deixou pegada.

Deixou pegada nos muros do ximnasio e do patio pero tamén deixou pegada como persoa. Gañounos coa sua forma dulce de falar e coas súas ideas sobre a arte, a educación e a vida.

Moitas grazas por todo.

Si queredes saber máis sobre este fantático artista clicade na imaxe.

 

 

  

  

TORNEO DE TENIS

O pasado 27 de maio celebrouse no colexio o torneo de tenis organizado para rematar a actividad extraescolar de dito deporte.

Foi Carlos, o profesor de tenis do colexio, o encargado de coordinar o torneo e participaron alumnos e alumnas do colexio e doutras escolas de tenis do Rosal, Baiona, Gondomar...

Foi unha competición moi interesante polo nivel de xogo dos participantes que demostraron as súas habilidades coa raqueta e a pelota. Pequenos e maiores disfrutamos dunha xornada marabillosa de deporte e solidaridade xa que coa inscripción todos e todas levamos algo de comida para que o concello poda atender as xentes necesitadas.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS - TENIS

O pasado venres tivemos no colexio unhas xornadas de iniciación ao tenis.

Aproveitamos o material solicitado polo departamento de Educación Física á Federación Galega de Tenis, 25 raquetas e pelotas.

Grazas ao profesor de tenis que imparte clases extraescolares no cole (Charlie) aprendimos varios xogos e golpes de raqueta que nos fixeron disfrutar deste deporte.

Foi unha actividade que profesores, alumnos e familiares compartimos e repetiremos con outros deportes.

               

FESTA DE FIN DE CURSO DE JUDO

 

         
 

 

FESTA FIN DE CURSO DE JUDO

 

 
   

 

 

 

 

 
   

 

 

Judo by Slidely Photo Gallery

FIN DE CURSO. EXCURSIÓN E FESTIVAL 2014

 

 

 

 

 

Despedimos un novo curso escolar; toda a comunidade educativa disfrutou dun gran festival, onde os nenos e as

nenas de todos os niveis educativos fascinaronnos cos seus bailes, os seus concertos e as súas coreografías de

acrosport.

Tamén despedimos ao alumnado de 6º. Desexámoslles moita sorte na súa nova etapa educativa.

 

 

ÁLBUM DE FOTOS

 

 

 

 

 

 

 

Este ano fomos visitar o zoo de Vigo, despois xantamos no parque de Castrelos e alí pasamos unha tarde moi divertida.

 

 ÁLBUM DE FOTOS

 

 

 

SAÍDA AO CIRCO

                                                                                       


 

 

 

MAXIA NO COLE

             

 O MAGO ZANAS        

 

   O venres, visitounos Jorge Álvarez Garcés, un rapaz de 17 anos deTomiño, que estuda

de bacharelato. Esta información non vos di moito, pero se engado que é o mago

"Zanas", que?.

Actuación espectacular, manexo e control da situación; é difícil manter aos nenos e ás

nenas expectantes e calados, e el conseguiuno.

Se tivésemos que poñer unha nota, sería de sobresaínte.
 

                                        Aí vai un adianto

 

mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut