Skip to Content

1º primaria

BALONMÁN NAS AULAS

O Mecalia Atlético Guardés e o Valinox Novás desenvolven un programa conxunto para as escolas deportivas. Os dous clubes irán da man nas visitas aos colexios, xornadas de iniciación e máis actividades destinadas á captación de nenxs.
 
Esta semana recibimos a visita destes grandes deportistas no colexio de Oia. Fixemos unhos xogos de adestramento e comprendemos a importancia do traballo en equipo. Agora toca seguir practicando, ánimo rapaces e rapazas.

REMATAMOS O 2º TRIMESTRE!

Ola familias!!!!!!!!!!!! Superamos con éxito un trimestre máis, cargado de aprendizaxes, actividades, vivencias e emocións. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que deu de si. 

Desfrutáde moito do vídeo e felices vacacións!

BROCHE DE OURO PARA O NOSO CALENDARIO DE ADVENTO DO 2021!

Pois a COVID non nos deixou despedir o trimestre como tiñamos pensado pero...non pasa nada! adaptámonos, facemos unha pequena trampa co calendario de advento e inventamos algo que nos deixe o corazón contento tanto as/os que tivemos a oportunidade de estar no cole o último día como as/os que tiveron que quedar na casa!

BO NADAL A TODAS E TODOS! A GOZAR MOITÍSIMO DESTES DÍAS!

UN BICO REDONDO E ENORMEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Álbum: Sen categoría -> Alumnos cursos
Distribuir contido


by Dr. Radut