Skip to Content

4º primaria

ESCOLA DE BALONMÁN

Ao comezar o curso tivemos unha visita moi especial. As xogadoras do Atletico Guardésimpartiron unha clase maxistral para aprender a xogar ao balonmán. Aprendemos as regras do deporte, como colocarnos no campo e pasar aos compañeiros para que sexa a pelota a que corra e non os xogadores. Foi moi emocionante e divertido!

ANDAINA OUTONAL

Chega o outono, os cogomelos e as castañas. Como tódolos anos chega tamén o día da andaina polos montes de Oia. Este ano non fixemos a subida ao curro, este ano subimos en autobús e comezamos a camiñar dende o Curro da Valga. Foi umha xornada espectacular e chegamos ata cerca do Campo do Couto e a Poza dos Corvos. Fomos a un ritmo moi vivo e aínda nos deu tempo a facer unhas cabañas. Que divertido!!! Esperemos ter moitas máis andainas coma este!!!

ESCALADA EN OIA

Como remate ao curso de Educación Física o alumnado de extraescolar de BOULDER, acompañado polas familias e os profes, subiu aos montes da Valga para iniciarse na escalada en rocha.

A actividade fixérona no sector de escalada de Oia chamado o MONASTERIO, unha parede ideal para a iniciación nos deportes da montaña e con unhas vistas impresionantes da costa oiense. Accedemos a estas paredes dende o Curro da Valga onde deixamos os coches, camiñando uns 15 minutos chegamos ao sector e comezamos a instalar as cordas e os seguros para facer as prácticas de escalada. As vías que escalamos están na parte central do muro e se chaman "Perros Voladores" e "A Gárgola"; asequibles pero algo técnicas e coa suficiente altura para as nosas intencións.

Foi unha xornada estupenda onde escalamos e compartimos momentos intensos alumnas e alumnos, pais e profes. Seguro que é a primeira de moitas máis xornadas de actividades na Natureza. Vémonos polas montañas, bo verán!!!

PROXECTO FOTO

Proxecto "FOTO" é unha experiencia realizada polxs alumnxs de 4º de Ed. Primaria na última etapa deste curso 2020-2021. Con motivo do estudo da luz e as súas características aventuráronse a fabricar as súas cámaras escuras, neste caso cámaras estenopeicas, unha das primeiras utilizadas no mundo da fotografía. Ademais investigaron e experimentaron o proceso de revelado que deu momentos de moita intensidade e emoción.

     

O PARLADOIRO 2020 - 2021

Clicka na imaxe para leer O PARLADOIRO 2020 -2021

Radio Arrabal #30

Último programa da Radio Arrabal deste curso 2020-2021. Un ano para o recordo, de moitas emocións e con moitas cousas que contar. A historia da radio escríbese en Oia e, máis concretamente, no CEIP Mestre Manuel García. Gracias a todxs xs navegantes das ondas do Arrabal por capear as marusías e por estar aí cada semana. Volvemos para o curso que ven. E como di Pablo Terremoto, adeusssssssssssssssssssssssss!

Radio Arrabal #29

Programa número vinte nove da Radio Arrabal. Neste programa entrevista a uns moz@s escaladores e multideportistas de aquí do lado que saben ben das riquezas que ten a nosa terra. E coma sempre moitos contidos especiais e divertidos. A voar nas ondas do Arraballlll!!!!

Radio Arrabal #28

Programa número vinteoito da Radio Arrabal. Este programa ten unha valor moi especial xa que entrevistamos ao capitán do barco do noso cole, ao director de orquestra, a Manuel Fajar Salcidos. E coma sempre, contidos de moita actualidade e moi interesantes. Xa non queda nada e moi atentos que para a semana recollemos os comprobantes das participacións do concurso da radio. A seguir surfeando nas ondas do Arraballllll!!!!

Radio Arrabal #27

Programa número vintesete deste curso 2020 - 2021 da Radio Arrabal. Despois dunhas semanas moi movidas seguimos con máis forza ca nunca. Coma sempre contidos actualizados e de total actualidade e moi interesantes. A voar nas ondas do Arraballlll!!!!

NA BUSCA DO FELINO VERMELLO

"NA BUSCA DO FELINO VERMELLO" é unha historia de acción dramática na que uns androides comandados por Xela Arias van na busca do Felino Vermello, un ser especial que se encontra desaparecido nos confíns dun escenario fantástico. Os personaxes teñen que pasar unha serie de obstáculos ata chegar ao Felino Vermello. Esta historia orixinouse a partir de poesías e textos de Xela Arias. Con este extraordinario audio, nós os nenos de cuarto de primaria, participamos e fomos seleccionados como gañadores do III Concurso de Podcast Radio na Biblio na modalidade II (alumnado de 3º a 6º de Primaria). Non facemos máis adiantos e a desfrutar do podcast. Nenxs de 4º.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut