Skip to Content

horta

A HORTA DO CEDO

Comeza o curso e xa estamos pensando nos traballos agrícolas do noso cole. O primeiro que faremos será recoller a horta de primavera e preparar a terra para a nova plantación de outono. Estupendo!!!!

PLANTACIÓN DE ALOE VERA

Os nenos e as nenas de 3º  de primaria están plantando ALOE VERA e teñen intención de obter crema.

Despois de estudar a planta e preparar o terreo,  plantamos os brotes e agora toca esperar a que creza e podamos recollela.

(Nico 6º)

Como Sembrar SABILA 2022 //plantar ALOE VERA // manos de tierra - YouTubeCómo plantar y cultivar Aloe vera


NECESIDADES E TRABALLOS NA HORTA DO CEDO

Co alumnado de 5º e 6º seguimos cos traballo na nosa horta do cedo.

Deixámola un pouca abandoada este trimestre e o primeiro que fixemos foi ver como estaban as nosas plantas: porro, repolo, col de bruselas, coliflor, berza e patacas do cedo.

Nos demos conta  das necesidades que tiña a plantación:

  • Falta de sol
  • Moitas herbas
  • Pouco crecidas as plantas
  • Plantas comidas polas babosas e caracois

Puxémonos ao traballo e entre todxs quitamos herbas, arranxamos un pouco as plantas e empezamos a pensar en recoller os productos para deixar sitio ás novas plantacións.

Pasámolo xenial na nosa horta.

PLANTACIÓN DO HORTO ESCOLAR

 Xa chegou a primavera e o tempo de plantar...si, rapaces e rapazas no colexio traballamos a agricultura durante todo o ano. Agora tocan as verduriñas de primavera /verán. Ainda que cada semente quere o seu mes para ser plantada, nós planteremos todo xunto con moito mimo para ter unha boa colleita. Empezaremos polas cabazas, tomates, pementos. Unha semana despois as leitugas, acelgas, espinacas.

Que ricas van estar esas ensaladas, cremas e menestras de verduras ou esas verduras pasadas pola grella!!! Por non falar dos sustos que meterán as cabazas no Samaín!!!

Haberá que falar cos periodistas da sección de Masterchefs da semana e que nos busquen unhas receitas riquísimas para os productos da nosa horta.

Rematamos cun refrán da cultura agrícola:

Cava hondo, echa basura y ríete de los libros de agricultura”

Boa colleitaaaa!!!

 

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut