Ed. Infantil

LUNS 8 DE XUÑO

Bos días, hoxe temos unha proposta moi divertida, facer un circuíto de coches. E tamén temos unha sorpresa, que ten que ver coa proposta do venres. Contádenos que vos pareceu a sorpresa, a nós encantounos.

 

E nos vos esquezades que hoxe empeza a semana da música, xa está colgada na páxina principal e na sección de música a xornada de hoxe. Moitísimas gracias pola vosa participación.

CIRCUÍTO

SORPRESA

VENRES DE 5 DE XUÑO

Bos días, xa estamos a venres, unha semana máis que acaba. E nós hoxe ímola rematar cunha investigación, si, si... Algo está a pasar no patio de infantil  e temos que descubrir que é. Quen se anima a facer de detective? Pois a coller lapis e caderno de notas, e a ver que descubrimos...

    A INVESTIGAR                                 

 

 

 

XOVES 4 DE XUÑO!

Bos días, como estades, xa cansos ou aínda tedes algo de enerxía? Para a proposta de hoxe só necesitamos moita imaxinación e diversión. Vai de disfrazarse, mirade, mirade...

DISFRAZES

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Bos días, xa estamos list@s para empezar. Hoxe temos unha proposta de atención e concentración, a ver que tal vos vaia, que sabemos que tedes moi boa memoria visual.

CAMBIO

MARTES 2 DE XUÑO

Bos días, como nos erguimos hoxe, con forzas e enerxía? Pois a empezar o día, e nós propómosvos unha actividade de moita concentración e creatividade, que nos vai vir moi ben para a psicomotricidade fina. Adiante...

 

 

    

A TECER

            

1 DE XUÑO

Bos días! Empezamos un novo mes, xuño, e en nada xa está aquí o verán. E imos a utilizar o sol, aínda que hoxe, non sabemos se sairá a saudarnos un pouquiño, para realizar a nosa proposta. Así que a prepararse para comezar.

SILUETAS NATURAIS

VENRES 29 DE MAIO

Bos días! Como esta semana fixo moita calor, traémosvos unha proposta para refrescarvos. A ver que tal, xa nos contaredes.

 

  TESOUROS DE XEO     

 

Non vos esquezades de visitar á profe Emma, ao profe Toniño, á profe Mary e á profe Cris.

E animádevos a participar na "Semana da Música".

 

BOA FIN DE SEMANA!

 

 

 

XOVES 28 DE MAIO

Bos díasss! Que tal durmistes, deixouvos a calor? Pois agora a almorzar e a empezar o día. Unha pregunta; vós sabedes coser? Porque a proposta de hoxe vai de coser, seguro que mamá e papá saben, preguntádelle. Empezamos...

A COSER

MÉRCORES 27 DE MAIO

Bos días! Xa estamos preparad@s para comezar un novo día?, a ver que sorpresas nos depara. Para a proposta de hoxe necesitades pinzas da roupa, así que correndo, correndo a por elas...que comezamos.

PINZAS

MARTES 26 DE MAIO

Bos días! Pero que bo tempo vai, hai que aproveitalo para pasear, xogar fóra, ir de camiñata... e se vos sobra un pouquiño, aquí vos deixamos as nosas propostas para hoxe. Tedes que facer unhas manualidades serpentís moi interesantes. Adiante...

SERPE

SERPE DE ESCUMA

 

Non vos esquezades de visitar; á profe Emma, ao profe Toniño, á profe Mary e á profe Cris.

Distribuir contido